A D.O. Valdeorras presente na Feira 'ProWein'

Dende o domingo 16, e ata o 18 de marzo, o Consello Regulador promove os caldos deste territorio no marco deste prestixioso foro internacional que se celebra en Düsseldorf (Alemania).

Por Galicia Confidencial | O Barco de Valdeorras | 17/03/2025 | Actualizada ás 10:45

Comparte esta noticia

Un total de 17 adegas amparadas pola D.O. Valdeorras achegarán ao Prowein 31 viños, dos que 23 son referencias de viño branco da variedade Godello, e o resto de variedades tintas.

Viños de Valdeorras en Prowein (arquivo). Foto: CRDO Valdeorras.
Viños de Valdeorras en Prowein (arquivo). Foto: CRDO Valdeorras.

O principal obxectivo da asistencia ao evento, en palabras do seu director técnico, Jorge Mazaira, é “buscar visibilidade para os viños de Valdeorras en mercados aos que de non asistir a esta feira, non chegaríamos, porque son moi lonxanos”.

Mazaira valorou ademais o importante carácter internacional e a gran afluenza de visitantes a este foro que, polo lugar no que se celebra (Düsseldorf, Alemania), “posúe unha forte influencia do mercado asiático, o centro-europeo, ademais da influencia directa de Alemania”.

PROWEIN

A feira ProWein, na que a D.O. Valdeorras volverá a colocar o seu stand un ano máis, chega a súa 31ª edición como o evento número un para o sector do viño e as bebidas espirituosas, que cubre o mercado mundial completo, cunha maioritaria presenza de visitantes internacionais. Deste xeito, convertiuse nun punto de encontro para os negocios, pola grande cantidade de acordos comerciais que se asinan.

Ademáis, ofrece máis de 500 eventos durante os tres días de feira. Actividades que van dende conferencias especializadas, ata seminarios e catas ofrecidas polos propios expositores. Ao anterior cómpre sumarlle as numerosas áreas de degustación, especializadas en viños de todo o mundo, contando algúns con múltiples premios. Entre a variada oferta, salientar a zona de exposición de viños e bebidas alcohólicas máis extensa do mundo, a zona de coctelería ou o salón do champaña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta