Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 30/08/2024 | Actualizada ás 11:14
Un coche ardeu por completo nun incendio nun garaxe en Ourense, sen que se rexistraron danos materiais, mentres que en Carballo ardeu parte do tellado dun antigo colexio. Así o informa o 112-Galicia no seu parte de incidencias.
Dez minutos antes das 22:30 horas do xoves, os Bombeiros de Ourense informaron da mobilización dunha dotación ata a avenida da Habana tras un aviso por un incendio dentro dun garaxe. Tanto os Bombeiros como a Policía Local explicaron que ardeu un coche por completo. Tamén indicaron que non foi necesario desaloxar a ninguén do edificio.
Onte, sobre as 20:40 horas, o 112 Galicia tivo constancia doutro incendio despois de que un particular chamase para informar de que vía saír fume a través do tellado dunha casa abandonada na rúa Álvarez Sotomayor, en Carballo. Despois da intervención, os servizos de emerxencias explicaron que se trataba dun antigo colexio e que ardeu parte do tellado, en concreto a baixo cuberta e a estrutura de madeira do teito.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.