Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/09/2024 | Actualizada ás 17:59
A calidade do aire mellora en Galicia, coa maioría de estacións de medición en situación favorable ou regular salvo dous puntos de Vigo que teñen unha calidade mala.
Segundo a web de Meteogalicia, os dous puntos da cidade olívica que se atopan neste nivel é a estación de Coia e no polígono de Balaídos, onde está a fábrica de Stellantis.
Este nivel, aínda, débese ao contaminante PM25 --que se orixinan nos incendios-- como consecuencia dos lumes do norte de Portugal.
Desta forma, a calidade do aire en Galicia é favorable no 48,8% das estacións, regular no 27,9% e boa no 18,6%.
Durante esta xornada Galicia atópase na influencia dun centro de baixas presións pouco profundas centradas ao norte e coa circulación do noroeste. O vento é frouxo en dirección variable con predominio do compoñente norte.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.