Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 06/08/2024 | Actualizada ás 12:49
Os municipios ourensáns de Oímbra, Monterrei e Cualedro están en risco extremo de incendio este martes, segundo o índice diario de lumes forestais (IRDI). O índice de risco diario de incendio baséase no sistema canadense ('Fire Weather Index') sobre a intensidade de lume que pode producir un incendio. Canto maior sexa o índice, maior intensidade e, por tanto, máis difícil de extinguir.
A Xunta publica diariamente este índice que se basea en factores como condicións de seca, humidade, temperatura e vento, entre outros. Ademais deste risco extremo na zona sur de Ourense, boa parte da provincia atópase en risco moi alto de lume forestal. Unha situación que contrasta co risco só moderado na metade norte de Galicia, que mesmo é moi baixo na Mariña lucense.
Con todo, a previsión deste índice para os dous próximos días mellorará, posto que para o mércores, 7 de agosto, xa non haberá risco extremo en ningún municipio e o xoves, 8 de agosto, nin sequera haberá risco moi alto en ningunha zona de Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.