Arde Galicia: 350 hectáreas queimadas en catro incendios aínda sen controlar

Volve estár activo o incendio da Gudiña que a Xunta daba por controlado.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 18/09/2024 | Actualizada ás 10:15

Comparte esta noticia

Galicia rexistra catro incendios de máis de 20 hectáreas aínda sen controlar que suman máis de 300 hectáreas arrasadas. O municipio da Gudiña sofre dous lumes nas parroquias de Pentes e Barxa, que queiman 240 e 90 hectáreas, respectivamente.

Incendio de Crecente
Incendio de Crecente | Fonte: Adrián Irago - Europa Press

Un dos dous incendios forestais que afecta o municipio ourensán da Gudiña, o da parroquia de Pentes, volve estar activo e a superficie calcinada ascende xa a 240 hectáreas. A Consellería do Medio Rural deu por controlado este lume ás 10,40 horas deste mércores, pero preto das 17,00 horas informou da súa reactivación. O lume iniciouse ás 13,18 horas do pasado luns. Mobilizáronse medios como 10 helicópteros, oito avións e 12 motobombas, entre outros, ademais de medios portugueses. Por outra banda, está estabilizado desde as 13,00 horas deste mércores o lume declarado no mesmo municipio da Gudiña, parroquia de Barxa, despois de calcinar 90 hectáreas. Iniciouse na medianoite entre o luns e o martes. Participan medios como oito helicótperos, oitos avións e 22 brigada, entre outros.

O último en declararse na comunidade foi o do municipio de Chandrexa de Queixa (Ourense), parroquia de Requeixo, pasadas as 20,00 horas do pasado martes. Queima máis de 20 hectáreas. Nas tarefas de extinción participan dous avións, 11 brigadas e cinco motobombas, entre outros.

Mentres, está estabilizado o incendio do municipio pontevedrés de Cerdedo-Cotobade, parroquia de Aguasantas, que afecta a unha superficie de 20 hectáreas. Traballan cinco avións e seis helicópteros, entre outros medios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta