O incendio de Trabada foi o máis importante rexistrado en Galicia o ano pasado, afectou a 2.329 hectáreas e obrigou a activar o nivel 2 do Plan Especial de Protección Civil ante Emerxencias por Incendios Forestais. Desaloxáronse 7 aldeas e tiveron que cortarse varias estradas, entre elas a A-8, e a alerta estendeuse ao termo municipal de Ribadeo.
O novo centro de Norvento integrará tecnoloxías avanzadas como paneis fotovoltaicos e sistemas de coxeneración de biomasa para unha operación independente da rede eléctrica.
Este 2024 é o segundo ano con menos hectáreas queimadas da última década. Expertos afirman que as choivas que se están a rexistrar nas últimas semanas poderían paliar a sequedade do chan tras a calor de agosto.
  comenta   0
A instalación producirá, ao ano, unhas 400.000 toneladas de pasta de celulosa, 200.000 toneladas de lyocell e 31.500 toneladas de biomasa. Para iso, a empresa promotora sinala que necesitará, aproximadamente, 1,2 millóns de metros cúbicos de madeira de eucalipto por ano.
  comenta   0
A campaña desenvolverase ata o 27 de agosto, cando o Vizconde de Eza iniciará a ruta de retorno cara ao porto de Vigo e de por finalizada a tempada de campañas na área de regulación NAFO para o ano 2024.
  comenta   0
O conselleiro de Educación coñece o funcionamento dos laboratorios de EnergyLab e o impacto das súas investigacións na transición enerxética.
Da man da profesora e investigadora da USC Rosa Regueiro coñecemos como funciona o mercado marxinalista de fixación de prezos e tamén os límites que teñen as enerxías renovables e que moitas veces non nos contan nese interese por vendernos un mundo de cor de rosa.
  comenta   1
Ferroglobe recibe unha das axudas máis altas de todo o Estado, con 11,7 millóns de euros para a planta de Arteixo. Esta produtora de silicio metalúrxico e outro tipo de aliaxes pretende a instalación dun forno ou reactor vertical eléctrico de biocarbón na fábrica para substituír o carbón de orixe fósil por carbón vexetal.
  comenta   0
O presidente da Sociedade Galega de Historia Natural, Serafín González Prieto, asegura que "todo depende de como fose o lume: da cantidade de biomasa que houbese na zona, da orografía do terreo e da meteoroloxía do momento". Con todo, ao arder maioritariamente eucaliptos, unha especie á que lle beneficia o lume, e non chegar o lume ás copas en moitas zonas, a recuperación debería ser máis rápida.
  comenta   0
As Rías Baixas no mes de abril están invadidas pola cor violeta, a desta especie invasora chamada 'Uncaria tormentosa'. Encántanlle as altas temperaturas e as zonas de dunas, nas que se impón fronte a especies endémicas. Jonatan Rodríguez, investigador da USC que participa nun estudo sobre a perigosidade desta planta para os ecosistemas, conta ao Galicia Confidencial as características desta planta.
  comenta   0
O seu negocio estivo lastrado polos baixos prezos da celulosa, con caídas de máis do 40%. Aumentou un 15% a produción cando subiron, no cuarto trimestre do ano.
  comenta   0
Unha experiencia piloto na comarca de Monterrei creará área devasa fronte a incendios transfronteirizos.
  comenta   0
Ramón Ignacio Sánchez Álvarez, xefe do distrito forestal VII-Fonsagrada-Os Ancares, conta que "foron moitas cousas as que xogaron na nosa contra aquel día 28 de marzo de 2023": unhas condicións climáticas excepcionais para a época do ano, medios de extinción traballando a medio gas, humidade contida na vexetación, instruccións interpretadas erróneamente e parte de efectivos sen experiencia en grandes incendios.
  comenta   1
"O Goberno central faría ben se, como en tantas outras cousas, seguise o exemplo do que se fai en Galicia", defenden os populares, destacando que a comunidade conta cun plan de xestión do lobo desde 2009 que permitiu aumentar o número de mandas. Afirman que o lobo en Galicia non só non está en regresión, como asegura o Executivo estatal, "senón todo o contrario".
  comenta   0
Negocios emerxentes que dan moito diñeiro en pouco tempo. Detrás das principais empresas de enerxías limpas en Galicia hai auténticas fortunas; Manuel García Pardo, Luis de Valdivia e Fernando Romero Martínez. Entre os tres suman unha fortuna de 1.700 millóns de euros.
  comenta   0
Tamén proseguirán as intervencións na estrada OU-801 entre Padrenda e Ribadavia, na AG-51 en Salvaterra, na VG-4.6 entre Cangas e Bueu e na CG-4.1 entre Moaña e Cangas.
  comenta   0
A fin da Covid propiciou o aumento do tráfico e o incremento da contaminación nas sete cidades, agás Ferrol e Lugo. Tamén as zonas industriais de Arteixo, A Mariña e Oural (Sarria) amosaron índices moi por riba do recomendado pola OMS.
  comenta   0
Pecha un contrato cunha "cervexeira importante" para a transformación de procesos enerxéticos. Prevé pechar a finais deste mes outro acordo similar cunha firma de "alimentación moi importante".
  comenta   0
Trátase de 50.000 parcelas dos concellos de Carnota, na provincia da Coruña; As Nogais, na de Lugo; Cualedro, A Gudiña, Monterrei e Lobios, na provincia de Ourense; e Gondomar, na de Pontevedra.
  comenta   0
De acordo coa empresa, a biomasa xestionada é de proximidade porque consiste en restos vexetais de orixe forestal derivados do aproveitamento sustentable das masas forestais e da produción de celulosa nestas instalacións.
  comenta   0
O anteproxecto co que traballa o Goberno galego permite o aproveitamento da madeira queimada e da caza, tres anos despois do incendio, "cos respectivos informes técnicos". Tamén creará grupos de voluntarios.
  comenta   0
Investigadores do Campus Terra da USC investigarán os seus efectos e o emprego de subprodutos como cuncha de mexillón ou cinzas para controlar a contaminación
  comenta   0
A compañía iniciou os estudos e enxeñaría para unha produción de 100.000 toneladas anuais, con 125 millóns de investimento en primeira fase
  comenta   0
A produción eléctrica renovábel baixou o 19% mentres a fósil creceu o 26%. A produción eléctrica renovábel baixou o 19% mentres a fósil creceu o 26%. OGACLI denuncia un aumento das emisións de gases contaminantes o pasado ano. · A potencia eléctrica renovábel instalada tan só medrou o 1%. · As emisións de gases de invernadoiro asociadas á produción eléctrica galega volveron aumentar en 2022 despois de catro anos seguidos de descensos.
  comenta   0
Puxo de relevo a creación o próximo ano dun grupo especializado dentro do servizo de prevención de incendios forestais para a loita contra os grandes lumes
  comenta   0