A Xunta convida o Goberno a participar no comité que estudará a situación dunha alga invasora en Galicia

O comité estudará os impactos económicos e ecolóxicos da alga 'Rugulopteryx okamurae' e desenvolverá un plan de xestión da biomasa.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 02/08/2024 | Actualizada ás 16:32

Comparte esta noticia

As directoras xerais de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, e de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, mantiveron este venres un encontro de traballo para definir a composición do comité de asesoramento que se encargará do estudo da presenza nas costas galegas da alga invasora 'Rugulopteryx okamurae'.

A intención, destacou a Xunta nunha nota de prensa, é que nese grupo técnico haxa algún integrante do Goberno central, polo que a administración autonómica remitiu unha carta ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico co fin de convidalo a participar nomeando a aqueles representantes que considere necesario incorporar.

A Xunta lembrou na misiva que esta alga invasora, que comezou a aparecer hai anos en comunidades como Andalucía e incluída en 2020 no Catálogo español de especies exóticas invasoras, conta desde xullo de 2022 cunha estratexia de control que detalla a repartición das principais competencias en materia de prevención, seguimento e control da expansión da especie, así como a xestión das súas consecuencias nos distintos ámbitos.

OBXECTIVOS

Este comité de asesoramento terá como finalidade estudar a súa presenza na costa galega e definir actuacións coas que frear a súa posible expansión. Así mesmo, elaborará un plan de xestión da biomasa derivada desta especie e analizará os posibles impactos, tanto económicos no sector pesqueiro como ecolóxicos para o medioambiente, da súa proliferación, xa que pode ameazar a biodiversidade do medio mariño.

As directoras xerais de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, e de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, mantiveron este venres un encontro de traballo para definir a composición do comité de asesoramento. XUNTA
As directoras xerais de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, e de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, mantiveron este venres un encontro de traballo para definir a composición do comité de asesoramento. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta