Roberto Hermida, presidente de Morcegos de Galicia, conta ao Galicia Confidencial que "na Península Ibérica temos parques eólicos que son auténticos matadoiros de morcegos", situados en zonas de paso migratorio. Ao ano calcúlase que morren uns 600.000 morcegos a causa do impacto dos aeroxeradores, xa sexa directo ou indirecto.
  comenta   0
Ecoloxistas en Acción, entidade que presentou ambas denuncias, e a Asociacion veciñal Conxo Aberto, esperan que os instructores decreten a paralización cautelar das obras,.
A comunidade de montes de Couso recibiu o recoñecemento da ONU polos seus proxectos pioneiros para a diversidade do uso do territorio cun fin social.
Ecoloxistas en Acción denuncia a incompatibilidade entre dous proxectos financiados con fondos Next Generation que afecta ó río Sar e ó patrimonio de Conxo.
Ecoloxistas en Acción di que o bosque húmido de ribeira na praia do Porrón, en Rianxo, está invadido por furgonetas, feces e lixo. Fai meses deuse conta da situación ante a Demarcación de Costas, que se mantivo indiferente e continúa sen sancionar estas prácticas.
  comenta   0
O cambio climático e os seus efectos xa están aquí, avanzan a un ritmo moito máis rápido do que se podía predicir. O uso de renovables non é suficiente para cubrir a demanda de enerxía do mercado actual e os expertos apuntan tamén a compatibilizala coa enerxía fósil. Tamén algunhas empresas apostan por iniciativas verdes para compensar a pegada do carbono.
  comenta   0
O campamento ofértase nas mañás da semana inmediatamente posterior ao final do curso escolar e na anterior ao arranque do próximo ano lectivo 80 prazas destinadas a nenos de entre 4 e 14 anos.
Aterra é unha plataforma na que poñer en contacto demandantes e vendedores de terras agrogandeiras coa finalidade de seguir mantendo esta fonte de riqueza e emprego para a comarca. Así nolo conta Eva González, coordinadora do grupo de desenvolvemento rural Limia-Arnoia ao GC.
  comenta   0
Igual levas toda a vida chamando bambú ('Bambusoideae') a algo que non o é, pois adoita confundirse coa cana ('Arundo donax'). Aínda que as dúas son especies invasoras, a problemática coa segunda é moito maior. Da man do portavoz de Amigas da Terra Antón Lois contámosche como diferenciar ambas plantas.
  comenta   0
Sandra e Jose, un matrimonio de cidade que se mudou a unha aldea de San Sadurniño para cumprir o seu soño de vivir no campo, decatáronse da problemática do eucalipto: "Non había nin un animal e nos veráns estabamos sempre en tensión". Levan xa unha hectárea cortada dun total de cinco.
  comenta   0
A pesares de estar incluído no catálogo de especies invasoras, continúa comercializándose. O investigador botánico da UDC Jaime Fagúndez asegura que o seu perigo atópase en que pode desprazar especies autóctonas como algunhas variedades de fieitos que só se dán nesta zona.
  comenta   0
Se dende calquera cidade de Galicia comezásemos a furar cara abaixo e atravesásemos o centro da Terra, a onde iríamos dar? A Nova Zelanda, pero queres saber en concreto a que lugares? Xa che avanzamos que hai dende reservas naturais ata praias pasando por monumentos conmemorativos.
  comenta   0
Mariña Patrimonio descubriu a turba na zona das Penas Rubias, onde a acción da erosión provocada polas ondas creou formas curiosas e chamativas sobre a mesma.
Redeia recuperou un total de 1.041 hectáreas de superficie forestal desde 2009 coa plantación de 852.546 árbores e arbustos en 21 enclaves de toda España, a través do proxecto 'El Bosque de Redeia'.
  comenta   0
Tecnópole crea un bosque con 1.800 árbores para compensar as súas emisións, que en 2022 ascendían ás 263 toneladas de CO2.
  comenta   0
Once decorados elaborados con elementos reciclables fan as delicias de veciños e visitantes ata o día 8 de xaneiro. Aínda que contan con luz, poden ser visitados durante o día e son igualmente espectaculares. Queres descubrir as súas particularidades? Aquí cho contamos para que non perdas ningún.
  comenta   0
Ramón Ignacio Sánchez Álvarez, xefe do distrito forestal VII-Fonsagrada-Os Ancares, conta que "foron moitas cousas as que xogaron na nosa contra aquel día 28 de marzo de 2023": unhas condicións climáticas excepcionais para a época do ano, medios de extinción traballando a medio gas, humidade contida na vexetación, instruccións interpretadas erróneamente e parte de efectivos sen experiencia en grandes incendios.
  comenta   1
A Xunta dedicará case dous millóns de euros para recuperar a vexetación de ribeira nas marxes e reducir a proliferación de cianobacterias.
  comenta   0
Aínda que se trata dunha árbore que prefire o clima húmido da costa, unha nova especie comeza a adentrarse no interior de Galicia. Tendo en conta que as pavesas viaxan polas súas follas ata dous kilómetros de distancia e a gran velocidade, cos veráns ourensáns de máis de 40 graos, o verde dos nosos montes periga.
  comenta   5
É preciso un grande consenso, aínda inédito en Galicia, sobre os usos do monte e as liñas estratéxicas precisas para os traballos conducentes a un escenario máis alentador. Consenso político, por suposto, pero tamén social e económico. Non podemos seguir así, porque o resultado supón un grande impacto negativo.
  comenta   0
Na cita abordouse a creación destas agrupacións de xestión conxunta do monte como vía para superar os problemas derivados do minifundio, así como garantía de sustentabilidade.
  comenta   0
O proxecto Renatur_Outes nos próximos anos traballará na recuperación ambiental do río Tins ao seu paso polo núcleo urbano de Outes
  comenta   0
"Nin clarifica as funcións en canto á prevención e extinción de incendios forestais nin menciona as múltiples funcións desempeñadas en canto á xestión forestal", din desde Aprofaga.
  comenta   0
Tamén avoga pola posta en marcha dunha estratexia de promoción que equilibre os fluxos turísticos coa "necesaria protección dunha contorna tan sensible".
  comenta   0
No último Pleno do ano, a Deputación aprobou, de maneira unánime, o convenio de colaboración co Concello para tal fin.
  comenta   0
Varias entidades ecoloxistas denuncian que o Plano Reitor de Uso e Xestión deste espazo natural segue sen ser aprobado desde 1999 e critican a "permisibidade" que existe con especies como o eucalipto.
  comenta   0
En novembro Galicia reuniu a máis de 30 paleontólogos e paleontólogas de prestixio nacional e internacional no I Simposio de Paleontoloxía do Noroeste Peninsular
  comenta   0
A Asociación Galega de Apicultura-AGA deu os seus premios anuais tras analizar 65 mostras, das que 14 eran mel multifloral e 51 monofloral
  comenta   0
A Consellería de Medio Rural desenvolveu un novo portal web con toda a documentación e información do Inventario forestal continuo de Galicia.
  comenta   0
Unha das situacións máis duras vívese agora en Folgoso do Courel, onde tres incendios suman, segundo as últimas estimacións provisionais de Medio Rural, 592 hectáreas queimadas. En dous deles, ademais, decretouse a 'situación dous' de risco, debido á proximidade do lume a núcleos habitados.
  comenta   0
Alberga exemplares de castiñeiro centenarios considerados os mellores de Europa polo seu porte forestal.
  comenta   0
A piques de facer o seu 25 aniversario, este parque aínda carece de plan reitor de uso e xestión (PRUX). As entidades ecoloxistas, que son pesimistas respecto do futuro do espazo, denuncian seren tratadas pola Xunta como "convidadas de pedra" na "apresurada" elaboración do plan.
  comenta   0
O voluntariado da asociación Verdegaia colaborará coa comunidade de monte veciñal en Vila Coba para eliminar brotes de eucalipto e reforestar a zona con árbores autóctonas.
  comenta   0