Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/01/2023 | Actualizada ás 19:52
A asemblea de Aprofaga (asociación de axentes forestais e medioambientais de Galicia) manifesta o seu "descontento" coa actual redacción do anteproxecto de lei básica de axentes ambientais proposto polo Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico.
Dito anteproxecto, explica, regulará as competencias do colectivo no conxunto estatal, "pero a realidade é que a súa aprobación suporía un retroceso importante en canto ás súas funcións".
"Nin clarifica as funcións en canto á prevención e extinción de incendios forestais nin menciona as múltiples funcións desempeñadas en canto á xestión forestal", engade. Tampouco simplifica, segundo advirte, a loita contra os "múltiples delitos contra o medio ambiente que ocorren todos os días no territorio".
Ademais, ao seu xuízo, mostra "unha débil aposta" por establecer unha lei "que defenda e protexa de forma clara" ao colectivo. O último borrador recolle "certas modificacións" feitas "cunha total falta de transparencia e lealdade".
A lei básica "nunca debería supor un prexuízo nalgúns dos territorios de aplicación, como é o caso galego", engade. Ao contrario, "aparece unha total subordinación ás forzas e corpos de seguridade do estado".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.