Plantaranse 7.000 árbores nas marxes dos ríos Umia e Galo para previr inundacións

A Xunta dedicará case dous millóns de euros para recuperar a vexetación de ribeira nas marxes e reducir a proliferación de cianobacterias.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 20/11/2023 | Actualizada ás 16:51

Comparte esta noticia

A Xunta dedicará case dous millóns de euros a plantar 7.000 árbores para recuperar a vexetación de ribeira nas marxes do río Umia, reducir a proliferación de cianobacterias e a diminuír o risco de inundacións. Así o avanzou este luns a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, quen presentou en Moraña este plan de restauración fluvial financiado por fondos europeos 'Next Generation' coincidindo coa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) do encargo á empresa pública Seaga destes traballos.

O plan suporá actuar sobre 35 quilómetros das marxes os ríos Umia (21 km) e Galo (14 km), o seu afluente, e executarase ao amparo do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Segundo informa a Xunta, buscarase mellorar a calidade do chan con novas plantacións e recuperar zonas degradadas, tamén a través da eliminación de especies invasoras. Así, consolidarase o bosque de ribeira, que permite incrementar a retención fronte a escorrentías.Iso si, naquelas zonas con maiores problemas de erosió e desgaste, non se poderá revegetar e haberá que empregar técnicas de bioenxeñería. 

A conselleira de Infraestruturas --departamento do que depende Augas de Galicia-- subliñou que o obxectivo é a recuperación do bosque de ribeira tras a realización de diferentes estudos por parte da Xunta, un deles centrado na conca do río Umia e dos seus afluentes. A principal conclusión desta análise, explicou Ethel Vázquez, foi que o bosque de ribeira é "unha solución", porque "actúa como filtro verde" para eliminar elementos da actividade humana, reduce a velocidade da auga do río e "diminúe o risco de inundacións".

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez./ XUNTA / Europa Press
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez./ XUNTA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta