Unións Agrarias pide ás grandes distribuidoras que aposten pola carne galega e seguir o exemplo de Carrefour

Destaca a pegada da carne propia á da carne importada do Mercosur.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/11/2024 | Actualizada ás 13:46

Comparte esta noticia

Unións Agrarias (UU.AA.) pediu ás cadeas de distribución que operan en Galicia que sigan o exemplo de Carrefour ou Intermaché en Francia e demostren ter un compromiso real coas explotacións de gando de carne galegas ao priorizar a venda da súa produción sobre a procedente de países extracomunitarios como a de Mercosur.

Nun comunicado, a organización lembra o carácter estratéxico do sector produtor de carne porque supón o último soporte económico e social para comarcas enteiras nas que o despoboamento e o colapso demográfico son xa unha realidade.

Neste sentido, destaca o "imprescindible" papel que realizan desde o punto de vista da xestión do territorio e a prevención dos incendios. "En Galicia temos 20.000 explotacións de carne de vacún, das que 8.000 están inscritas en Tenreira Galega e 6.000 poden considerarse profesionais. O 32% das mesmas atópanse en zonas de montaña: ao redor de 2.500", sinala.

Neste sentido, Unións Agrarias indicou que tanto desde o punto de vista social, económico e mesmo nutricional resulta "imprescindible" un control efectivo sobre a entrada de produtos cárnicos e a colaboración das grandes superficies para evitar as prácticas enganosas de facer pasar por carne galega aquilo que non o é.

UU.AA. avisa de que o sector agroalimentario "é moi sensible", "é estratéxico e atravesa un momento de grandes dificultades". "Por tanto, toda decisión que lle afecte debe tomarse coa máxima prudencia e tras realizar estudos de impacto que permitan mitigar calquera posible dano, porque a soberanía alimentaria, tal e como quedou de manifesto durante a pandemia, resulta un ben moi valioso a protexer", apunta.

A organización agraria rexeita que se use, unha vez máis, ao sector gandeiro como moeda de cambio nos negocios comerciais entre a Unión Europa e terceiros países. "Sexa agora co acordo con Mercosur ou na guerra comercial de hai uns meses con China polos aranceis á importancia de coches asiáticos, o sector primario sempre leva as de perder", lamenta a organización, que sostén que estas incertezas son aproveitadas por determinadas industrias para tentar introducir novas baixadas nas cotizacións en orixe.

Unións Agrarias sinala que todo acordo comercial que rubrique España debe orientarse a potenciar o liderado e lograr que o sector primeiro español siga apoiando á económica, achegando á balanza comercial e dando oportunidades ás zonas rurais. Nese sentido, subliña que é imprescindible que se aplique sempre o principio das cláusulas espello.

Vacas de carne
Vacas de carne | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta