Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/11/2024 | Actualizada ás 16:11
Unha vintena de gandarías recibiron o VIII Premios á Excelencia Hixiénico-Sanitaria das Explotacións Leiteiras de Leite Cru de Vaca (Exceleite 2024). Na clausura do acto de entrega, este venres, a conselleira de Medio Rural, María José Gómez, definiu aos gandeiros galegos como "garantes dunha parte moi importante da identidade de Galicia".
Nesta liña, describiu ao sector lácteo como "indispensable no económico, pero tamén na variable demográfica e social, para vertebrar e manter poboación no rural".
Os PREMIADOS
Na categoría de gandaría intensiva de pequeno tamaño recibiu o galardón de ouro Concepción García Pereira, de Frades (A Coruña) e o de prata María do Pilar Iglesias Golmar, de Lalín (Pontevedra). En gandaría semiintensiva de pequeno tamaño, o galardón de ouro correspondeu a José Manuel Barreiro Vázquez, de Toques (A Coruña) e o de prata a María Jesús Rego Broz, de Vilalba (Lugo).
Mentres, en gandaría extensiva de pequeno tamaño, gañou o ouro Carmen Rial Barco, de Boimorto (A Coruña) e a prata Méndez, S.C., de Monforte de Lemos (Lugo). No apartado de mediano tamaño, o ouro foi para Beatriz López Fernández, de Cospeito (Lugo) e a prata para Teresa Fernández López, de Sarria (Lugo) en gandarías intensivas.
En semiintensivas, medianas, o primeiro posto obtívoo Pablo Soto Campello, de Xermade (Lugo) e o segundo A Torna, T.C., de Ordes (A Coruña). En extensivas, tamaño medio, Tallón Lobato, S.C., de Vedra (A Coruña) levouse o ouro e Casa Codesal, S.L., de Friol (Lugo) a prata.
Por último, en canto ás explotacións de gran tamaño, o ouro para gandarías intensivas recaeu en casa Martiño, S.C., de Sarria (Lugo). A prata tocoulle a Gandaría Castiñeiras de Oa, S.C., de Trazo (A Coruña). Ramón Vales Porto, de Rodeiro (Pontevedra), logrou o ouro en gandarías semiintensivas e Queiroga, S.C., do Páramo (Lugo) a prata. As gandarías extensivas grandes repartiron os premios entre Gandaría Sinesio, S.C., de Curtis (A Coruña), en primeiro lugar e Pulleiro, S.C., de Trazo (A Coruña), en segundo.
O premio de ouro no epígrafe de gandaría ecolóxica foi concedido a Casa Codesal, S.L., de Friol (Lugo) e o de prata entregouse a Granxa Ecolóxica Figueroa, S.C., de Arzúa (A Coruña).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.