Roberto García, secretario xeral de Unións Agrarias, ve necesario que o campo en Galicia debe ofrecer unha solución ao abandono de explotacións. Cre que o asociacionismo é unha resposta factible aínda que queda camiño por percorrer. O mesmo sucede cos prezos agrarios, que se ben aumentaron no sector lácteo, non colocan a Galicia e ao Estado dentro dunha boa posición na Unión Europea.