O belén de San Pedro de Cambás de Aranga, unha plataforma máis para a defensa dos gandeiros galegos

Varios carteis reivindican o labor do sector e esixen un prezo xusto para o leite que producen as granxas.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 11/12/2021 | Actualizada ás 15:41

Comparte esta noticia

O belén de San Pedro de Cambás de Aranga converteuse nunha escena reivindicativa para chamar a atención sobre a problemática dos gandeiros, dende a recepción da luz ata os baixos prezos dos seus produtos, que non cubren os custos de produción.

O belén reivindicativo de San Pedro de Cambás de Aranga a prol dos gandeiros.
O belén reivindicativo de San Pedro de Cambás de Aranga a prol dos gandeiros.

Nun primeiro cartel denúnciase as tremendas facturas da luz, que o gandeiro xa está afeito a traballar ás escuras e ten medo a encender os aparellos de luz: as muxidoras.

No seguinte cartel pregúntase á sociedade se é consciente de que os produtos non nacen no supermercado, senón que chega por un traballo laborioso e sacrificado dos gandeiros.

E para rematar, o terceiro cartel do Belén de San Pedro de Cambás de Aranga mostra como os gandeiros denuncian que se lles apreta tanto e non se lles axuda, xa que os gastos son moi moitos e os ingresos, mínimos, e son moitas horas de traballo sen apenas descanso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta