Formoso pide políticas públicas que dean a Galicia un "papel protagonista" no "gran acordo verde europeo"

O presidente da Deputación da Coruña participou na mañá deste luns en Santiago de Compostela nunha reunión coa comisión executiva e os responsables sectoriais de Unións Agrarias para abordar a situación dos sectores eólico e primario en Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/10/2021 | Actualizada ás 15:50

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, destacou que Galicia ten que ter unha postura clara de liderado e de respecto e preservación dos mundos agropecuarios e agroforestais" do país e impulsar políticas públicas "para situar a Galicia nun papel protagonista dentro do gran acordo verde Europeo".

Formoso participou na mañá deste luns en Santiago de Compostela nunha reunión coa comisión executiva e os responsables sectoriais de Unións Agrarias para abordar a situación dos sectores eólico e primario en Galicia.

Na reunión, demoninada 'A enerxía eólica: unha achega de valor ao medio rural', o presidente provincial agradeceu aos representantes de UU.AA. que lle deixaron compartir unha visión do mundo rural "compartida" sobre os problemas actuais e o modelo de futuro do rural galego.

Na súa intervención, Formoso destacou que a prestación de servizos ten que ser "equiparable ao do mundo urbano". "O rural galego require da implicación e da visión moi proactiva de todas as administracións", reivindicou o presidente, que destacou o papel da Deputación da Coruña nos municipios máis pequenos e rurais con "políticas transversais de promoción do emprego e apoio ao emprendimiento" que teñen como obxectivo "fixar poboación no rural".

Pola súa banda, o coordinador sectorial de UU.AA., Félix Porto, destacou que, coa vista posta na descarbonización en 2030 e 2050, Galicia debe ser líder "a nivel de país" e "combinar os intereses de todo o sector eólico coas obrigacións postas desde a Unión Europea e, ao mesmo tempo, tamén cos dereitos que deben ter aquelas persoas propietaria dos solares eólicos, que teñen que ver como se repercute ese beneficio, esta potencia produtiva eólica que hai na economía".

Porto lembrou que en Galicia hai 180 parques eólicos e uns 6.500 aeroxeradores e que a Xunta ten competencias en todos aqueles de menos de 50 mW. Ademais, indicou que só na provincia da Coruña hai solicitados 6.500 mW en 111 parques de 61 municipios.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, nunha xornada organizada por UU.AA.. DEPUTACIÓN
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, nunha xornada organizada por UU.AA.. DEPUTACIÓN | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta