Unións Agrarias asegurou que os gandeiros galegos viven unha "dobre desigualdade" porque cobran catro céntimos menos que a media de España e producen un produto "de mellor calidade".
  comenta   0
A rebaixa do nivel de protección ao lobo de “estritamente protexido” a simplemente “protexido” na UE, pon en dúbida a política europea de protección medioambiental. Desde as posicións que acusan a determinados lobbies de buscar a extinción do animal, as posturas intermedias de procurar equilibrios e as que denuncian falta de rigor científico nas análises dos diferentes organismos públicos con competencias medioambientais
  comenta   0
A situación segundo sinala o sindicato, xera a súa indefensión ante a imposibilidade dun peche total das parcelas e as instalacións. Todo isto, apuntan, vai configurando un contexto que "só pode ir a peor nos próximos meses"
  comenta   0
"A paz social non se consegue con rodete", advirten o sindicato e a asociación, en relación a un sector paralizado pola xudicialización.
  comenta   0
"Imos abordar un tema moi importante, porque unha das grandes carencias que ten o sector agrario e gandeiro de Galicia é a produción de forraxe e de alimentos, tanto para o consumo animal como para o consumo humano", detallou o representante da Asociación de Desenvolvemento Rural Ódega, Jacobo Feijoo.
  comenta   0
A Xunta e o sector gandeiro acordaron estudar posibles fórmulas para incluír os danos causados polo lobo aos cans coidadores de gando na nova convocatoria de axudas prevista para o próximo ano
  comenta   0
Unións Agrarias xa fixo unha estimación dunhas perdas duns 65 millóns de euros para o agro galego, coa provincia da Coruña como a máis prexudicada, en zonas como Ordes e Xallas
  comenta   0
O sindicato agrario incidiu nas graves consecuencias que terá para a viabilidade de moitas explotacións os danos na produción de forraxe, ao ter en conta que "apenas un 20% das plantacións de millo tiñan pólizas de seguros vixentes"
  comenta   0
Galicia recibirá 2,8 millóns de euros do Estado para loitar contra a EHE. En total, serán 5,6 millóns en axudas directas coa achega de Medio Rural.
  comenta   0
Haberá unha orde de axudas directas que se concederán sobre a base de datos de afectados coa que conta a Consellería (onde figuran as explotacións que rexistraron casos tanto en 2023 como en 2024), de forma que se evita aos gandeiros burocracia e "cubrir unha infinidade de papeis".
  comenta   0
Lamentan ademais que, "a pesar de pedir reiteradas intervencións", a Xunta de Galicia "non moveu ficha" para buscar solucións a un problema que "comezou a evidenciarse na pasada vendima"
  comenta   0
O sindicato agrario fixo un chamamento ao Ministerio de Agricultura para que medie e evite "alarmas que en nada benefician á estabilidade das rendas das explotacións"
  comenta   0
Ás portas dunha nova campaña, Unións Agrarias afirma que produtores e adegas enfróntanse a unha situación que pode obrigarlos a deixar sen recoller a uva duns 600 viticultores
  comenta   0
Denuncian que "non hai razóns económicas" para que en Galicia se cobre cinco céntimos menos por litro que en comunidades limítrofes como Asturias e Castela e León
  comenta   0
Unións Agrarias (UU.AA.) realizou unha acción protesta despois de que os produtores encadeen xa 14 meses de baixadas do prezo, cun recorte do 30 %.
  comenta   0
Esixe á Xunta que "tome parte e actúe de inmediato" para frear unha situación que "supón un serio risco" para o futuro do sector produtor galego
  comenta   0
O conselleiro de Medio Rural en funcións, José González, mantivo unha reunión con representantes de Unións Agrarias, Sindicato Labrego Galego, Asaga, Agaca e Fruga.
  comenta   0
O presidente de Unións Agrarias, Roberto García, aplaudiu este xoves a sentenza da Audiencia Nacional que recoñece un cártel do leite que operou en Galicia entre 2000 e 2011, un fallo que, advertiu, "abre unha vía" para que reclamen unha indemnización non só os 5.025 gandeiros galegos que presentaron demanda, se non "todos os que venderon leite" durante ese período de tempo.
  comenta   0
O secretario xeral de UUAA sinala que as sentencias coñecidas este mércores abren a porta aos gandeiros a reclamar danos polo que deixaron de percibir en vendas de leite entre 2000 e 2013.
  comenta   0
Unións Agrarias e o Sindicato Labrego Galego apostan por unha estratexia diferente co sector asturiano e cántabro na mobilización do agro diferente ao resto do Estado. Fixan para o día 20 a mobilización nas catro capitais de provincia e en Santiago de Compostela e apuntan á ultradereita como instigadora de certas tractoradas.
  comenta   0
UUAA lembrou tamén que o 85% dos fondos dos que dispón o Consello Regulador de Ternera Gallega son achegados polo propio sector, polo que insta á consellería cumprir cos obxectivos "que ela mesma estableceu".
  comenta   0
Óscar Pose, responsable do sector lácteo en Unións Agrarias, asegura que "a falta de estabilidade é algo que está lastrando ao sector, pois os donos de explotacións ou os que queiran crealas de cero non poden invertir ou quedar nun sector que non é rentable, que aínda que o é agora, non se sabe se o seguirá sendo dentro de dous ou tres meses".
  comenta   0
O sindicato censura que o montante de anticipo da PAC dispoñible para Galicia, "apenas supera o 30% dos ingresos dos que poderían ter as explotacións galegas nun momento no que atravesan momentos complexos".
  comenta   0
Advirten que a situación derivada desta enfermidade súmase aos "moi elevados" gastos de produción aos que deben facer fronte as granxas debido á alza dos prezos nas forraxes e os combustibles, así como as rebaixas "impostas" pola industria láctea e o "estancamento" do prezo da carne.
  comenta   0
Jacobo Feijóo, responsable de desevolvemento rural de Unións Agrarias, precisa que "a madeira queimada ten valor", aínda que dentro da madeira queimada das distintas especies arbóreas, "a que menos valor ten, curiosamente, é a de eucalipto".
"Case un 20% da superficie agraria que podía beneficiarse destes fondos non o fará polas dificultades rexistradas ao non contar con servizos de asesoramento especializados", indica o sindicato agrario.
  comenta   0
O responsable da área de desenvolvemento rural, Jacobo Feijoo, detallou que o lobo "non está" en perigo de extinción en Galicia e que "ninguén no rural" avoga pola súa desaparición, senón pola súa convivencia.
  comenta   0
Así o denuncia o sindicato Unións Agrarias. Segundo os datos feitos públicos polo Ministerio de Agricultura, só o 62 % da superficie agraria de Galicia que se acolle á PAC estará amparada polos ecorrexímenes, unha superficie que segundo Unións Agrarias debería roldar sobre o 80%.
  comenta   0
Este instrumento excepcional pódese tomar ante o perigo para a gandaría e agricultura, ademais do risco de provocar accidentes de tráfico, complementario á caza regulada para facer accións de control por danos.
  comenta   0
Unións Agrarias instou á Consellería do Medio Rural a convocar unha reunión na que avaliar a situación e elaborar un plan de acción para que as explotacións teñan á súa disposición "os apoios necesarios para facer fronte á doenza desde o minuto cero".
  comenta   0
As organizacións agrarias confrontan a Consellería de Medio Rural acusándoa de telas abandonadas fronte a proliferación da lingua azul en Galicia. De momento o sur de Lugo, as provincias de Ourense e Pontevedra son os lugares onde se estaría aplicando a vacina contra a doenza. Grupos de produtores apuntan á Xunta como responsable dunhas campañas de vacinación nefastas que lles están facendo perder poder adquisitivo.
  comenta   0
Os sindicatos agrarios reclaman a Medio Rural a entrega dos 0.80€ por quilo de carne comprometidos por Medio Rural en maio deste ano. A Xunta acusaba ao Goberno central de non enviar suficientes fondos a Galicia para combater a seca e paliar as súas consecuencias negativas. En maio, segundo as forzas sindicais agrarias, a Consellería de Medio Rural comprometérase a entregar unhas axudas para a produción de carne. En agosto aínda están reclamando ditas achegas.
  comenta   0
A presenza do porco bravo en áreas urbanas está alertando ás poboacións que ven neste animal un potencial perigo tanto en posibles agresións físicas como transmisor de enfermidades.
  comenta   1
Insta ao Goberno galego a volver incluír na listaxe de requisitos de acceso á liña de axudas para investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios "o veto eliminado en abril".
  comenta   0
A través dun comunicado, a organización sindical agraria fai un chamamento á colaboración ante o anticipo das colleitas destes cultivos, "vulnerables" ante o ataque destes animais.
  comenta   0
Unións Agrarias insta á Xunta a poñer en marcha un gran plan contra o 'chancro do castiñeiro'.
  comenta   0
Unións Agrarias desvela que a cifra media que os gandeiros galegos perciben por litro de leite se sitúa nos 0,48 euros, producindo por baixo dos costos.
  comenta   0