"As mobilizacións deron os seus froitos para revisar a PAC", di o sector agrario galego

Unións Agrarias demanda continúese coa flexibilización en cuestións que "quedan pendentes".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/05/2024 | Actualizada ás 12:18

Comparte esta noticia

O agro galego valora que os Vinte e sete desen esta semana luz verde definitiva á revisión da Política Agraria Común (PAC) que eximirá de controis e sancións relacionados co cumprimento de requisitos ambientais ás pequenas explotacións agrarias, de menos de 10 hectáreas, para aliviar a carga administrativa do campo.

"De entrada as mobilizacións deron froitos que están aí e empézase a visualizar que hai modificacións substanciais importantes", afirma en conversación con Europa Press o secretario de Coordinación Sectorial de Unións Agrarias (UU.AA.), Félix Porto, aínda que subliña que están a "a expectativa" aínda con asuntos que "quedan pendentes".

Remarca que esta "flexibilización" para titulares "supón un alivio para as explotacións". Son unhas 350.000 en España de menos de 10 hectáreas e estima que poden ser unhas 10.000 destas características en Galicia. "Iso evita moitos problemas, pola burocracia que supuña para a propia administración e, obviamente, para os administrados", opina.

FLEXIBILIZACIÓN DA PAC

Esta revisión aborda os regulamentos sobre os plans estratéxicos e financiamento, xestión e seguimento da PAC en resposta aos problemas atopados durante o primeiro ano de implementación da nova PAC. A lei será asinada agora polos representantes do Consello e do Parlamento Europeo antes de publicarse no Diario Oficial e entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación, a finais de maio.

A revisión do coñecido como 'regulamento horizontal' aplicarase ata o final do período da actual PAC, que culmina en 2027, e algunhas das súas disposicións aplicaranse con carácter retroactivo desde o 1 de xaneiro de 2024. O principal obxectivo destas propostas lexislativas é dotar aos agricultores e aos Estados membro dunha maior flexibilidade para cumprir determinadas condicionalidades ambientais.

Con todo, a Comisión asegura que isto non comprometerá o nivel xeral de ambición no que respecta aos obxectivos de protección ambiental e climática da política agrícola da UE. Esta nova mostra de solidariedade da UE co sector súmase á relaxación dos requisitos ambientais asociados ás axudas da PAC que xa anunciou a Comisión a finais de febreiro co ánimo de tranquilizar as mobilizacións do campo na antesala das eleccións europeas de xuño.

Unha muller recolle grelos durante a tempada final de colleita, nunha horta familiar
Unha muller recolle grelos durante a tempada final de colleita, nunha horta familiar | Fonte: Carlos Castro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta