Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/06/2024 | Actualizada ás 17:59
Unións Agrarias (UU.AA.) demanda á Xunta que free a nova baixada de prezos lácteos que pretende pagar a industria aos gandeiros galegos nos novos contratos tras un recorte do 30% no último ano.
Neste sentido, alerta de que, despois dunha redución de 14 céntimos por litro no último ano, súmase agora un recorte previsto de dous céntimos para a renovación de contratos de agosto.
E é que expón que en abril as granxas cobraron 46,3 céntimos por litro, unha tarifa que de "perpetrarse" a nova rebaixa quedaría en 44 céntimos, lonxe da media española de 48,8 céntimos en España e dos 53,4 céntimos en Asturias.
Por iso, esixe á Xunta que "tome parte e actúe de inmediato" para frear unha situación que "supón un serio risco" para o futuro do sector produtor galego. "Unha cadea de recortes impostos que carece de ningún tipo de xustificación máis aló do interese das industrias para engordar as súas contas de beneficios a custo da rendibilidade allea", lamenta.
E todo iso mentres hai unha realidade de explotacións de pequenos tamaño que cobran pouco máis de 40 céntimos por litro de leite, "por baixo dos custos de produción".
Nesta liña, contrapón as medidas doutras comunidades como País Vasco co que considera falta de propostas por parte da Xunta. Insta a que o Goberno galego habilite dotación orzamentaria e persoal suficiente para que a denominada AICA galega "poida ser unha ferramenta realmente útil".
Neste escenario, Unións Agraria advirte de que comezará a "sinalar publicamente" ás industrias que sigan esta política de recortes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.