Oito de cada dez compravendas de coches realízanse co financiamento como forma de pago

Así o trasladou o presidente da Asociación Nacional de Vendedores de Vehículos a Motor, Reparación e Recambios (GANVAM), Gerardo Cabanas, nunha xornada sobre o comportamento do mercado e os retos de futuro en Lugo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/01/2025 | Actualizada ás 14:34

Comparte esta noticia

Oito de cada dez operacións de compra venda de vehículo realízase con mecanismos de financiamento, segundo trasladou o presidente da Asociación Nacional de Vendedores de Vehículos a Motor, Reparación e Recambios (GANVAM), Gerardo Cabanas, este mércores en Lugo. A sede de Asociación Provincial de Reparación e Venda de Automóbiles (Aprevar) en Lugo acolleu este mércores unha xornada informativa sobre o comportamento do mercado tanto de vehículos novos como de ocasión e as tendencias de compra, dirixida a profesionais e que estivo a cargo de GANVAM, a organización nacional do sector.

O presidente de GANVAM, Gerardo Cabanas, e do presidente de Aprevar, Luís Abelleira, puxeron o acento na necesidade de preparar unha estratexia a longo prazo para asegurar a continuidade dun sector que aínda non alcanzou as cifras de venda prepandemia, pero que se achega tras un 2024 no que volveu "superar o millón de unidades". Reafirmaron a necesidade de que "todo o mundo teña acceso á mobilidade" e para iso puxeron en valor as axudas que concede a Xunta para a renovación dos vehículos porque, segundo aseguran, "8 de cada 10 galegos manifestan que cambiarían de coche" con este tipo de incentivos.

Na presentación tamén destacaron a "importante" colaboración das entidades financeiras, xa que 8 de cada 10 operacións de compra-venda de vehículos realízanse con financiamento e avanzouse na necesidade de alcanzar o reto para este ano 2025 de impulsar o rexuvenecemento do parque móbil e acelerar o ritmo de descarbonización "e cumprir así coas esixencias europeas de redución de emisións". A inauguración do evento estivo a cargo do deputado provincial da área de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, quen reafirmou o compromiso da Deputación de Lugo co sector, que cualificou como "fundamental para a economía de Lugo" e puxo en valor o labor de Aprevar en Lugo.

Recurso coches usados
Recurso coches usados | Fonte: COCHES.COM - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta