A Xunta bloqueou 2,3 millóns de intentos de ataques de ciberseguridade en 2024

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/01/2025 | Actualizada ás 12:41

Comparte esta noticia

O Centro de Resposta a Incidentes de Ciberseguridade CSIRT.gal, que a Xunta puxo en marcha en 2018, bloqueou só en 2024 un total de 237 millóns de intentos de ataque.

Así o destacou o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, durante a inauguración do V Foro Rexional ISMS Forum Galicia. Un encontro, do que informou a Xunta nun comunicado e que reúne a axentes públicos, privados e profesionais do sector para afrontar os retos da seguridade no TIC.

Na súa intervención, Corgos destacou a necesidade de compartir información e colaborar como medio para potenciar a ciberseguridade e limitar as novas formas de delincuencia. Trátase de garantir a protección dos datos e a información de todos os cidadáns nunha contorna no que as tecnoloxías da información e as telecomunicacións fan o mundo máis pequeno e a implicación colectiva pode axudar a alertar de situacións perigosa.

O conselleiro destacou tamén o papel do Nodo CIBER.gal como espazo de encontro e colaboración nesta materia, no que participan institucións como a Xunta, o Instituto Nacional de Ciberseguridade, o Centro Criptolóxico Nacional e a FEGAMP, así como máis de medio centenar de empresas e institucións.

O Goberno galego destacou que a ciberseguridade é unha prioridade permanente do Goberno galego, que conta cunha estratexia específica e constitúe o eixo da Estratexia Galicia Dixital 2030. Ademais, a Xunta indicou que ofrece apoio ás entidades locais para que os cidadáns teñan máis seguridade nas relacións coas Administracións públicas.

REDES TERRITORIAIS DE ESPECIALIZACIÓN TECNOLÓXICA

A Xunta lembrou que Galicia participa con Cataluña e a Comunidade Valenciana nun proxecto das Redes Territoriais de Especialización Tecnolóxica para mellorar a ciberseguridade no ámbito do transporte intelixente. O investimento galego neste proxecto supera os 19 millóns de euros.

O conselleiro de Facenda lembrou que cada ano se incrementan os recursos destinados á seguridade no TIC e que os orzamentos de 2025 contemplan 21 millóns de euros para esta partida, un 61% máis que o ano anterior.

Miguel Corgos concluíu avanzando o obxectivo do Goberno Galego de promover un pacto polos dereitos dixitais na Comunidade. E lembrou que, na liña de adiantarse ás necesidades creadas polas tecnoloxías de alto impacto, como a intelixencia artificial, a primeira Lei sobre IA no ámbito rexional europeo é a galega e está xa en proceso de aprobación.

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, inaugura o III Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.Gal.. CONCHI PAZ
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, inaugura o III Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.Gal.. CONCHI PAZ

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta