Moeve entra no negocio do biometano en Galicia con varias plantas

Creará 30 plantas de biometano en Galicia, Cataluña e Andalucía para 2030 cun investimento de 600 millóns. EiDF Solar adquiriu dez parques fotovoltaicos.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 30/01/2025 | Actualizada ás 13:26

Comparte esta noticia

As grandes multinacionais enerxéticas están entrando no mercado galego para tentar aproveitar as oportunidades do negocio do biometano e da nerxía solar. É o cso de Moeve, que desenvolverá un plan para impulsar a construción dunhas 30 novas plantas de biometano para 2030 en España, tamén en Galicia, cun investimento duns 600 millóns de euros, informou a compañía. Pola súa banda, EidF Solar adquiriu dez parques fotovoltaicos.

En concreto, os proxectos  de Moeve desenvolveranse en Andalucía, Cataluña e Galicia, zonas con maior potencial para o seu despregamento, engadiu a enerxética, que espera producir catro teravatios hora (TWh) de biometano no país ao final da década.

O director de Biocombustibles de Moeve, Matteo Vaglio, sinalou que o biometano é "unha aposta clave" do grupo para descarbonizar a súa actividade e a dos seus clientes, "xa que permite ser utilizado de inmediato nas industrias e redes de transporte existentes, facilitando así a súa integración no mercado enerxético actual, á vez que impulsa o desenvolvemento económico e social de zonas rurais".

Un cartel de Moeve, empresa adicada ao biometano
Un cartel de Moeve, empresa adicada ao biometano | Fonte: Eduardo Parra

ENERXÍA SOLAR

Pola súa banda, EiDF Solar adquiriu dez parques fotovoltaicos mediante un investimento de máis de 6,2 millóns de euros, co que o grupo pasará a ser administrador único de máis de 93 hectáreas con capacidade para construír case 63 megawatts de enerxía fotovoltaica de autoconsumo, segundo anunciou a compañía nun comunicado.

Os parques atópanse en diversas localizacións da Comunidade de Madrid e todos están en fase de desenvolvemento, á espera da tramitación dos permisos para iniciar a construción. Está previsto que entren en fase RTB ('ready to build') de maneira progresiva entre 2025 e 2026.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta