Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/03/2024 | Actualizada ás 20:09
O conselleiro de Medio Rural en funcións, José González, mantivo unha reunión, por videconferencia, con representantes de Unións Agrarias, Sindicato Labrego Galego, Asaga, Agaca e Fruga, para facer unha fronte común de face ás reclamacións por nova Política Agraria Común (PAC).
Así o explica a Xunta que sinala que o obxectivo do encontro foi "avanzar na postura conxunta de Galicia diante do debate sobre o futuro da PAC, no marco das reunións técnicas que se están celebrando en Madrid entre o Goberno e as comunidades autónomas para flexibilizar o Plan Estratéxico da PAC (Pepac) 2023-2027".
A intención é avanzar "no deseño consensuado do documento que Galicia trasladará ao Goberno de España como resposta ao posicionamento do Executivo na negociación para flexibilizar o Pepac".
Por iso, tamén manterá esta semana unha reunión de traballo cos seus homólogos da Cornixa cantábrica (Asturias, Cantabria e País Vasco), coa mesma finalidade de fixar unha posición común neste proceso. A Xunta incide "na insuficiencia das modificacións propostas ata agora polo Goberno", do que lamenta "a falta de diálogo, como na urxencia de reducir a carga burocrática que hoxe soportan os agricultores e gandeiros derivada da nova PAC".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.