Por X.M. Fernández | Ourense | 02/12/2021 | Actualizada ás 09:00
A cidade catalá de Lleida acolleu a pasada fin de semana a gala de entrega dos XXVIII pemios Porc D’Or na que resultaron galardoadas un total de 41 granxas de seis comunidades autónomas. Entregáronse un total de 48 premios, 45 deles de carácter xeral e 3 especiais, recaendo 4 deles en granxas de Coren na provincia de Ourense.
Na categoría de ‘Tasa de Partos’ acadou o ouro a granxa de Benito Rodríguez Vázquez, no Concello de Sarreaus, e a prata a de Manuel González Álvarez, en Lobeira. Completaron os premios para Coren, a granxa de Gulfar, na Peroxa, con dous galardóns: unha prata por ‘Produtividade Numérica’ e un bronce na categoría de ‘Lonxevidade dos porcos’.
PREMIOS PORC D’OR
Os premios Porc D’Or naceron no ano 1994 como iniciativa do IRTA (Institut de Recerca i Tecnología Agroalimentàries) para premiar os esforzos dunha industria que afrontaba retos e transformacións importantes.
Un recoñecemento que intenta valorar o traballo de adaptación do sector a novas demandas produtivas, á esixente lexislación medioambiental, aos cambios nos hábitos alimentarios, crises sanitarias, etc.
O xurado, composto por personalidades de recoñecido prestixio na industria, a investigación gandeira e a administración, escolle aos gañadores concedendo un Porc D’Or de outro, un de prata e outro de bronce á mellor explotación porcina segundo as diferentes categorías a concurso.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.