O secretario xeral do PSdeG considera "moi desafortunadas" as palabras do ministro Garzón sobre a carne

Valentín González Formoso destaca a "calidade da carne galega".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 14/01/2022 | Actualizada ás 19:36

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, destacou este venres a "calidade da carne galega", recoñecida a nivel nacional e internacional e tachou de "moi desafortunadas" as declaracións efectuadas polo ministro de Consumo, Alberto Garzón, sobre o sector.

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, nun acto en Guitiriz (Lugo)
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, nun acto en Guitiriz (Lugo) | Fonte: PSdeG.

"Estamos a falar dun sector estratéxico para Galicia, que aposta polas explotacións familiares e que a súa sustentabilidade depende de moitos factores, polo que debemos evitar expor calquera tipo de dúbida aos consumidores", afirmou durante unha visita a unha explotación gandeira de produción carne en Guitiriz.

Acompañado polo secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, e a alcaldesa da localidade, Marisol Morandeira, entre outros socialistas, asegurou que o PSdeG está por "defender o sector primario galego, o sector gandeiro que emprega a tantos miles de familias na contorna rural". "E se non queremos que se baleire definitivamente, temos que ser moi coidadosos con preservar a actividade económica que lle dá a vida", afirmou.

Ademais, puxo en valor a Lei de Cadea Alimentaria recentemente aprobada polo Goberno de España, "unha lei que permitirá que agricultores e gandeiros reciban retribucións xustas" e sinalou que o novo regulamento "impedirá vender por baixo do prezo de produción, atendendo a unha das demandas históricas do sector".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta