O río Tins, como recuperar un bosque de ribeira

O proxecto Renatur_Outes nos próximos anos traballará na recuperación ambiental do río Tins ao seu paso polo núcleo urbano de Outes

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/03/2023 | Actualizada ás 18:28

Comparte esta noticia

O Seminario de Inicio do proxecto Renatur_Outes serviu este venres 3 para dar a coñecer o proxecto que nos próximos anos traballará na recuperación ambiental do río Tins ao seu paso polo núcleo urbano de Outes. O foro contou coa presenza dos reitores das tres universidades públicas galegas, Antonio López da USC, Julio Abalde da UDC e Manuel Reigosa da UVigo; asociacións, colectivos e veciñanza de Outes e a súa contorna, representantes da comunidade educativa, así como representantes do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e autoridades locais.

Río Tins - USC
Río Tins - USC

A xornada serviu para dar conta de todos os aspectos do proxecto por parte das entidades participantes. En concreto, explicouse como, no eixo do proxecto, sitúanse a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acacia presentes (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon), a Tradescantia fluminensis ou as plantas do xénero Crocosmi, e a limpeza de residuos da contorna fluvial.

Ademais, acometerase a sensibilización medioambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto. Desde xeito, non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, senón tamén xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta