Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/03/2024 | Actualizada ás 19:43
O Parque Tecnolóxico de Galicia, situado no concello ourensán de San Cibrao das Viñas, plantou un bosque con 1.800 árbores para compensar as súas emisións, que en 2022 ascienderon a 263 toneladas de CO2. Así o recollen os resultados dun estudo que calcula as emisións dos case 12.000 metros cadrados do seu tres edificios principais, que xeran 22 quilos de CO2 por metro cadrado, das que o 95% correspodnen ao consumo eléctrico asociado á climatización e iluminación dos edificios.
Nun comunicado, a xerencia de Tecnópole fíxase como obxectivo reducir 7,5% o consumo de electricidade, o que suporía un descenso do 25% das emisións, ademais da consecuente baixada no gasto enerxético. Ademais de camiñar cara á redución do consumo e que a enerxía que se emprega proveña de fontes renovables, o parque tamén ideou a creación dun bosque con 1.800 árbores que ocupan unha superficie de 2,2 hectáreas, terreo que se atopaba en desuso. .
A repoboación fíxose con especies autóctonas --70% bidueiros e 30% unha mestura de piñeiros, castiñeiros, serbais, carballos e acivros--, que absorberán máis de 270 toneladas de dióxido de carbono nos próximos 30 anos, en función do crecemento de cada unha destas especies.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.