Os métodos dos tripulantes para evitar ás candorcas: desde petardos a cambios de rumbos

Continúa o avistamento e a interación dencadorcas con embarcacións en todo o litoral atlántico galego e portugués. Os expertos insisten en evitar a navegación preto destes mamíferos xa que as crías ven nos temóns un novo xeito de xogo.

Por Galicia Confidencial | Lisboa | 07/09/2024 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

As interaccións, que moitos tripulantes consideran ataques, de grupos de candorcas con veleiros ao longo da costa diminuíron este ano debido a unha maior precaución dos tripulantes, que evitan cruzarse cos animais en augas profundas, navegando máis preto da costa onde é menos probábel que as encontren.

Candorca interactuando cunha embarcación
Candorca interactuando cunha embarcación | Fonte: Youtube - Arquivo

Desde que comezaron a existir estas interaccións, hai cinco anos, agosto é o mes con maior número de casos de avistamento, tanto en Galicia coma en Portugal. Unha situación que vén marcada pola migración do atún, unha das especies das que se alimentan as candorcas. Por iso, este mes son máis doados os contactos con estes mamíferos desde Xibraltar a Galicia. 

O pasado 28 de agosto, Salvamento Marítimo remolcou a un veleiro, con 2 tripulantes belgas (home e muller), tras unha interacción con candorcas a 6,5 millas do Roncudo. O veleiro Amidala alertaba de danos no temón e comunicaban que non teñen capacidade de manobra. No operativo de rescate resultou ferida unha das tripulantes.

COMO EVITAR AS INTERACIÓNS

Durante estes anos, moitos tripulantes de veleiros aprenderon xa a evitar as interaccións con orcas. Entre as técnicas, petardos ou cambios de rumbo da embarcación, e mesmo, cambio no planeamento das xornadas de navegación, apostando por achegarse máis á costa e evitando navegar de noites.

Candorca
Candorca | Fonte: MITECO

Desde o 2020, rexistráronse xa 670 interaccións con candorcas. A maior parte delas remataronn ben ou con pequenos danos nos veleiros, pero houbo casos de afundimentos de embarcacións. Neste ano houbo xa 50 contactos con estes animais desde Xibraltar a Galicia."Desde 2020 até ao final de xullo de 2024, rexistramos 1210 encontros desde a costa norte de África até á Bretanha francesa. Destes, pouco máis de 400 son avistamentos, en que as candorcas son observadas lonxe dos barcos, e 804 son interaccións", apuntou ao JN o Grupo de Traballo Orca Ibérica, composto por biólogos que estudan o comportamento dos animais.

Hai 37 candorcas - que poden chegar ás catro toneladas - a navegar polas costas portuguesas e galegas en seis grupos. Destas, no inicio das interaccións, había tres que atacaban. Hoxe son 17 as que interactuan coas embarcacións, indican desde esta entidade.

POR QUE AS INTERACCIÓNS

Desde o ano 2020, as costas da Península Ibérica foron o escenario dun fenómeno sen precedentes que atraeu a atención tanto de científicos como de mariñeiros. E é que rexistraronse máis de 670 incidentes nos que orcas atacaron embarcacións, o que espertou tanto preocupación como asombro. 

 

Este comportamento alimentou a teoría de que as orcas poderían estar a se transmitir unhas a outras a técnica para embestir barcos, o que xerou unha imaxe destes cetáceos como os novos viláns do océano que buscan reclamar o seu territorio.

 

ENTRETEMENTO

 

Agora, un informe recente realizado por un grupo de traballo da Comisión Baleeira Internacional (CBI), composto por biólogos, funcionarios e representantes da industria naval, ofreceu unha nova perspectiva sobre este asunto. O estudo, encargado polos Gobernos de España e Portugal, suxire que as candorcas, especialmente as máis novas, atoparon un novo entretemento: os temóns das embarcacións.

 

"É un xogo moi perigoso, pero segue sendo un xogo", sinalou Naomi Rose, científica do Instituto de Benestar Animal, a The Washington Post. Distintas asociacións insisten na prohibición de aproximación activa a grupos de candorcas por parte das embarcacións marítimo-turísticas. E, se hai un contacto, apagar motores ou navegar a ralentí, sen mudanzas bruscas de dirección. 

 

COMO DETECTALAS

 

Xunta impulsou o pasado ano unha aplicación móbil, chamada Orcinus, que permite o rexistro e difusión de avistamentos de orcas en tempo real, o que busca apoiar a seguridade na navegación.

Portos de Galicia (dependente da Consellería do Mar) financia esta aplicación, que está desenvolvida por Bottlenose Dolphin Research Institute (BDRI) do Grove, entidade experta en grandes cetáceos, na que colaborou a asociación Proxecto Nautilus (que traballa con estas especies no estreito de Xibraltar).

Paralelamente, a Coordinadora para o Estudo dous Mamíferos Mariños (Cemma), xunto co Grupo de Traballo Orca Atlántica-GTOA, lanzaron unha nova web (www.orcaiberica.org) para o seguimento das interaccións de orcas ibéricas con embarcacións, así como con información acerca desta especie.

En Portugal, a Mariña, a través do Centro de Operacións Marítimas (COMAR), creou un sistema de alertas inmediatos á navegación perante os relatos de avistamentos de candorcas na costa portuguesa. O obxectivo é o de trabar o gradual aumento de interaccións perigosas e sen aviso destes animais con veleiros. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta