Tarántulas, tartarugas caimán, primates ou osos...Sabes que hai detrás do rescate de fauna salvaxe?

"Hai que dar a coñecer cales son as conscuencias para o animal e o perigo para os humanos", apunta Esther Valderrábano. Marcelle Natureza albergará un curso sobre esta cuestión estes próximos 26 e 27 de outubro.

Por Amanda Fernández | Lugo | 15/10/2024 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

"O 35% dos 265 animais de Marcelle foron rescatados directamente e, o resto, a maioría, son reubicados, proveñen dun centro de rescate", comenta Esther Valderrábano, conservadora de Marcelle Natureza. Este centro de rescate CITES, albergará os próximos 26 e 27 de outubro un curso sobre rescate de fauna salvaxe paso a paso. Consiste nunha formación para estudantes e profesionais, desde unha perspectiva internacional. "Este ano fomos calificados como centro de rescate CITES, só hai dous en Galicia, o outro é o zoolóxico de Vigo. Isto implica que coñezamos de primeira man a realidade a tratar", explica. 

marcelle 2
marcelle 2

Consideran que é necesaria a concienciación e a formación sobre a situación dos animais que seguen sendo considerados fauna salvaxe, pero que precisan ser rescatados e non poden ser liberados ao medio. "Vimos a necesidade de dar máis puntos de vista á sociedade, dende un punto de vista internacional, para ser conscientes da situación: mascotismo, rescate de guerras, peche de centros, incautacións...".  

Actualmente ese 35% dos animais de Marcelle atópanse reubicados de forma definitiva no centro e, sinala, Esther que teñen dúas vías de rescate: "Non sempre é só coller ao animal e xa está, senón que para garantir unha vida digna precisan de instalacións determinadas e da colaboración de distintos centros". 

O SIGNIFICADO DUN ZOOLÓXICO

Este ano o curso céntrase especialmente en destacar un cambio na concepción dos zoolóxicos. Seguen existindo co fin de exhibición de animais ou para o espectáculo, porén, fai fincapé a conservadora, albergan nas instalacións animais non comúns e teñen que estar formados. "Son animais que precisan unha serie de coidados específicos e especializados, non só é rescatalos, senón recuperar uns comportamentos, que perderon ou que nunca tiveron", expón. Lamenta que seguen existindo os zoolóxicos como "centros de espectáculos e selfies", pero que por sorte, existe un cambio. Ao igual que evolucionou a sociedade, muda a perspectiva e cada vez hai máis centros que avogan por outorgar aos animais os "usos e beneficios que precisan".  

marcelle 1
marcelle 1

Os últimos rescates que levaron a cabo en Marcelle Natureza foron 11 tarántulas, incautadas polo Seprona no aeroporto de Madrid e son de 11 especies distintas. Todas ían en tuppers destinadas ao comercio, algo prohibido como a súa tenencia, ao estar en perigo de extinción. "Estaban sendo transportadas para a venta ilegal. Nunca nos imaxinamos que coidados ten que ter a tarántula, pois precisan temperaturas controladas ou unha alimentación exhaustiva", indica Esther. 

Tamén recataron recentemente unha tartaruga caimán, en perigo de extinción e que ten prohibido o seu comercio. É un animal que pode alcanzar os 80 quilos de peso e superar o 1,5 metros de lonxitude. "Cando foi atopada nun domicilio particular levaba catro anos vivindo nunha bañeira. A día de hoxe, leva uns cantos meses en Marcelle, e non é quen de explorar todo o estanque do que dispón", relata e engade que "o único que coñece é unha dimensión moi pequena que corresponde a unha bañeira". Estes dous son exemplos, de que estes animais tamén son fauna salvaxe e precisan rescate. Logo estarían nos que se adoita pensar ou asociar con este tipo de situacións, que serían os primates, osos e demáis animais que aínda se ven en espectáculos. "Son víctimas de experimentación animal e, aínda que nos sorprenda, moitos tamén están en casas. Todos precisan rescate e estar sometidos a un proceso longo de rehabilitación para garantir unha vida como debe ser", manifesta. 

SOÑAR CON TER FAUNA SALVAXE NA CASA

Segue sendo unha realidade que moitas persoas seguen tendo primates ou soñan con telos, aínda que semelle extraño. Un dos comentarios máis frecuentes que escoitan cando entran ao parque e ven aos titis é "eu quero ter un" ou "eu quero mercar un". Aínda a día de hoxe di Esther que non poden crer que a xente queira estes animais como mascota: "Hai que dar a coñecer cales son as conscuencias para o animal e o perigo para os humanos". 

Neste sentido fai referencia a que as persoas non estamos libres de contaxio de enfermidades de animais, que non están na situación na que deberían de estar: "Se nós temos un primate enfermo, co que compartimos unha vida e está na nosa casa, hai probabilidade altísima de que esa enfermidade sexa patóxena ou potencialmente dañina ou mortal para o ser humano". Así, tamén ao revés, de nós cara aos animais: "No caso dos titís, se nos temos un herpes labial, que lle transmitimos, podería supoñer a morte para ese animal. Non somos conscientes de que as enfermidades mudan en función do hospedador, do ser que estean colonizando".

Este curso está enfocado cara a toda persoa interesada no mundo da fauna salvaxe, xa que acudirán poñentes veterinarios, biólogos e profesionais do sector. "É un curso para concienciar sobre a tenencia de fauna salvaxe e para aqueles que teñan maior coñecementos poderán aproveitalo coas charlas de veterinaria ou bioloxía", explica. Toda a información e como inscribirse está na web de Marcelle Natureza.

Como punto atractivo, este ano procuran transmitir uns criterios "un pouco máis profesionais" á hora de xuzgar un centro: "O domingo faremos unha saída de avaliación ás nosas instalacións, cun formulario para poder avalialas, desde o punto de vista do benestar animal. Máis aló de que unha instalación sexa bonita ou fea, imos velo desde a perspectiva de quen vai vivir nela". 

O curso Rescate de fauna salvaxe paso a paso
O curso Rescate de fauna salvaxe paso a paso | Fonte:
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta