Sobre a soidade non desexada, indicou que un 4 % da poboación española vive soa e que esa porcentaxe se dispara ao 40 % no caso de persoas de 80 anos, o que "obriga ás administracións a pór en marcha políticas que integren a estas persoas a través dunha rede de servizos".
  comenta   0
Aos 67 anos, esta muller, activista por unha morte digna, padecía unha melanoma de uretra con mal diagnóstico e a súa situación era terminal. Quixo morrer "dignamente" e acompañada dos seus.
A súa tese, titulada 'Toma de decisións compartidas como indicador de calidade no Proceso Asistencial Cancro de Mama', ten unha liña de investigación que conta con máis de trinta publicacións en revistas de primeiro nivel, céntrase en mellorar a calidade dos coidados médicos ao fomentar unha maior implicación do paciente no proceso de toma de decisións sobre o seu tratamento, destacando a importancia dunha atención médica máis humana e centrada no paciente.
  comenta   0
Segundo detallou a administración autonómica, con esta medida, o departamento sanitario galego ofrece aos nenos e nenas nacidos desde o 1 de abril de 2024 e que non se inmunizaran nos hospitais, a posibilidade de vacinarse agora no seu centro de saúde, solicitando cita cando máis conveña ás familias.
  comenta   0
Pacientes con traqueotomía, intubados, politraumatizados, espertados dun coma, sedados ou con limitacións motoras, poden xa comunicarse grazas ao seguimento ocular.
  comenta   0
Así o dixo Bustinduy durante a sesión de control ao Goberno no Senado despois de que o alcalde de Ferrol e senador do PP José Manuel Rey Varela lle pediu explicacións sobre a situación límite deste centro, pondo o foco na falta de dirección, a falta de persoal ou a ausencia de actividades para os residentes neste centro.
  comenta   0
Galicia é o lugar do mundo onde existen máis construción deste tipo: 100.000 repartidas ao longo de todo o territorio. Sen embargo, non son os hórreos máis antigos do mundo, pois comezaron a construírse a partir do 1601 e da proliferación do cultivo do millo, como lugar para gardar a colleita. O GC comeza unha serie sobre esta a arquitectura galega falando co presidente da Rede Hórrea, Carlos Henrique Fernández Coto.
  comenta   0
Das sete residencias previstas, a de Pontevedra será a terceira que reciba "chave en man" a administración autonómica tras os centros de maiores de Santiago de Compostela e Lugo.
  comenta   0
"Hai que dar a coñecer cales son as conscuencias para o animal e o perigo para os humanos", apunta Esther Valderrábano. Marcelle Natureza albergará un curso sobre esta cuestión estes próximos 26 e 27 de outubro.
  comenta   0
"A violencia nunca está xustificada, nunca é a solución, pero, normalmente, detrás dun ataque hai unha insatisfacción e frustración do agresor cos servizos sanitarios", explicou o vicepresidente do Colexio de Enfermaría da Coruña, Benjamín Rodríguez.
Leva máis de media vida creando arte coas súas árbores e, tras ter gañado ducias de premios asistindo a competicións, ábrenos as portas de Kingii, a súa tenda, en Val do Dubra. Acompáñanos!
  comenta   0
Segundo datos do IMELGA, no 2022 faleceron 340 persoas por suicidio en Galicia, unha cifra que segue a situar ao suicidio como un problema sanitario e social de relevancia no país. FEAFES Galicia axuda a previr este tipo de conductas.
  comenta   0
Francisco González, presidente da Asociación Galega de Cetreiros e responsable de Falcóns Galicia asegura que relevo xeracional si hai, vinculado tamén ás exhibicións que se fan nas feiras, pero o problema son os trámites burocráticos para ter unha ave.
  comenta   0
A CIG denunciou que a xerencia da área sanitaria de Santiago e Barbanza acordou pechar a UCI do Hospital Provincial de Conxo e trasladar ao seu persoal á do Hospital Clínico. Unha medida que a xerencia ve "necesaria" para "continuar ofrecendo coidados intensivos de calidade".
Jesús Ángel Sánchez García, catedrático de Historia da Arte na USC, pide que a etiqueta de 'xardín histórico' se substitúa por outra que implique menos obrigas para os propietarios, máis centrada no xardín como elemento cultural. Tamén fai un chamamento a crear un rexistro destes xardíns en Galicia.
  comenta   0
Trátase da mesma cantidade de diñeiro que o ano pasado debido á falta de Orzamentos Xerais do Estado (PGE) para 2024.
  comenta   0
A enfermeira Luisa Gragera demanda maior visibilidade da micropigmentación areolar como tratamento reparador no proceso dos coidados oncolóxicos e máis enfermeiras micropigmentadoras na sanidade pública para dar resposta á demanda existente. "Non é admisible que tras o proceso do cancro estas pacientes teñan unha lista de espera de dous anos para poder micropigmentar e reconstruír o complexo areola-pezón", critica.
  comenta   0
Isto conséguese, explica o Sergas, "ao satisfacer as súas necesidades e expectativas, mediante un servizo accesible e humanizado no que de forma cíclica e continuada os procesos, planifícanse e documentan, lévanse a cabo, avalíanse e modifícanse de acordo aos resultados obtidos nos diferentes indicadores medidos".
  comenta   0
Segundo a Xunta, permitirá "mellorar os tempos" de asistencia á poboación e "incrementar a calidade" asistencial mediante a atención presencial daqueles pacientes que necesiten coidados de soporte vital avanzado.
  comenta   0
Explora a vida e o impacto das colonias de gatos rueiros en Santiago de Compostela, unha comunidade que sobrevive nas rúas da cidade, enfrontándose a desafíos e amosando a necesidade de concienciación sobre o abandono animal.
A psicóloga María Carpallo lembra que "un 43,4 % da xente que chamaba non se atopaba en ningunha situación con respecto á covid, tan só precisaba usar o teléfono porque tiña malestar emocional por estar na casa". Un 66,8 % chamaban por sintomatoloxía de ansiedade; un 30,5 % por sintomatoloxía depresiva; e un 13,9 % por problemas familiares.
  comenta   0
SATSE reclama máis presenza e maior recoñecemento para as matronas nos hospitais e centros de saúde. Pide que haxa, polo menos, unha matrona en cada equipo de Atención Primaria e que poida derivar pacientes a distintos médicos especialistas.
  comenta   0
Acabo de ver con estupor o vídeo subido a Instagram polo novo equipo de goberno da Xunta de Galicia. En concreto vexo á sorrinte Fabiola García, repetindo á fronte da ConsellerÍa de Política Social e Igualdade, sinalándome co dedo e rindo.
  comenta   2
Foi o cadro clínico máis frecuente e grave en en poboación infantil de España a finais de 2022. Case a metade da poboación infantil afectada requeriu ingreso en unidades de coidados intensivos (UCIP).
  comenta   0
"O seu obxectivo é facilitar a conciliación das familias que teñen fillos e fillas menores de 16 anos ao seu cargo a través do fomento do emprego de calidade e da posta en marcha de servizos de coidados profesionais", asegurou a portavoz do Goberno e ministra de Educación, Pilar Alegría.
  comenta   0
Dende a asociación CanCoruña, a que conseguiu o primeiro parque canino da cidade aló polo ano 2004, aseguran que "aínda quedan cousas por facer", aínda que, afortunadamente, vanse dando pasiños, tamén no que respecta á "concienciación da cidadanía" sobre o que implica ter un can e a responsabilidade de coidalo.
  comenta   0
A Sociedade Galega de Xeriatría demanda profesionais e máis residencias. Di que as prazas son escasas e pide atender a "vontade" do colectivo no novo modelo de coidados. A Xunta defende o seu sistema e insite que tamén a Fundación Amancio Ortega está construíndo residencias nas cidades.
  comenta   2
O doutor Alexandre Docampo, dermatólogo pertencente á Academia Española de Dermatoloxía e Venereoloxía (AEDV), asegura que "sen lugar a dúbidas" están vendo na consulta cada vez máis nenos e adolescentes que usan cremas. Para os mozos, "usar protección solar e lavarse a cara mañá e noite sería suficiente, non moito máis", e "un exceso de cosméticos nalgúns casos pode dar problemas".
  comenta   0
A pandemia obrigou a diferenciar os circuítos Covid-19 e non-covid, e especialmente nos servizos de urxencias. Por iso, foi necesario expandir o servizo de urxencias, ocupando espazos contiguos á unidade HADO do Hospital. En consecuencia, e de forma provisional, esa área tivo que ser situada na zona de Docencia.