O Goberno aproba distribuír 190 millóns de euros ás comunidades para facilitar a conciliación das familias

"O seu obxectivo é facilitar a conciliación das familias que teñen fillos e fillas menores de 16 anos ao seu cargo a través do fomento do emprego de calidade e da posta en marcha de servizos de coidados profesionais", asegurou a portavoz do Goberno e ministra de Educación, Pilar Alegría.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 23/04/2024 | Actualizada ás 14:13

Comparte esta noticia

O Goberno aprobou distribuír 190 millóns de euros ás comunidades autónomas, co obxectivo de facilitar a conciliación das familias con menores de 16 anos ao seu cargo. "O seu obxectivo é facilitar a conciliación das familias que teñen fillos e fillas menores de 16 anos ao seu cargo a través do fomento do emprego de calidade e da posta en marcha de servizos de coidados profesionais", asegurou a portavoz do Goberno e ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Pilar Alegría, en rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros.

Tamén sinalou que a medida se desenvolve en colaboración con todas as comunidades autónomas, incluídas as cidades autónomas de Ceuta e Melilla, e que se enmarca dentro do Plan Corresponsables. A aprobación dixo que vai encamiñada dentro do proxecto do Goberno que é "consolidar os dereitos" e, "seguir mellorando a vida dos cidadáns".

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Pilar Alegría
A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Pilar Alegría | Fonte: EP - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta