Galicia opta a un recoñecemento internacional polo seu modelo de "lonxevidade e calidade de vida"

Pode converterse nunha do seis Blue Zones en todo o mundo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/05/2024 | Actualizada ás 16:49

Comparte esta noticia

A consellería de Política Social e Igualdade, Fabiola García, destacou que Galicia se consolida como "modelo de lonxevidade e calidade de vida" ao optar a converterse nunha do seis Blue Zones en todo o mundo. Así o manifestou durante a súa intervención no XXXIV Congreso Internacional de Xeriatría e Xerontología que reúne a profesionais do sector entre este venres e este sábado na Cidade da Cultura.

Nun comunicado, lembran que o comité científico internacional raelizará un estudo en varios concellos galegos das provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra para analizar a posibilidade de concederlle este distintivo que recoñece ás comunidades con máis lonxevidade e calidade de vida. A conselleira agradeceu ao investigador responsable deste estudo, Michael Poulain, por destacar a Galicia como "un dos mellores lugares do mundo para facerse maior".

Tamén remarcou que o Goberno galego leva trabajanado durante os últimos anos na creación dun modelo de coidados que responda as características territoriais da comunidade e permítalle ás peronas maiores vivir esa etapa das súas vidas "onde e como eles prefiran".

Como exemplo, citou a aprobación do novo modelo de coidados que permite crear centros máis eficientes e "máis humanos"; ou das casas do maior, que ofrecen atención diúrna en concellos do rural. Para a conselleira, a lonxevidade debe ser vista "como unha oportunidade xa que, na maioría dos casos, vén acompañada dunha maior calidade de vida que permite ás persoas de máis de 65 anos vivir esta etapa de forma activa, poder viaxar e gozar de máis tempo cos seus".

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visita a residencia municipal de Boimorto
A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visita a residencia municipal de Boimorto | Fonte: XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta