Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 10/11/2024 | Actualizada ás 14:10
O Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 está a reformar as leis de dependencia e discapacidade, e no borrador do Anteproxecto de Lei inclúese unha medida que obrigaría aos traballadores de residencias de maiores e persoas con discapacidade a acreditar que non teñen antecedentes por delitos sexuais.
Este requisito, que xa se aplica a profesionais que traballan con menores, foi introducido para garantir a seguridade e protección das persoas máis vulnerables. Os traballadores deberán presentar unha certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais antes de acceder a estas profesións ou actividades.
O borrador tamén inclúe medidas importantes para mellorar a atención ás persoas en situación de dependencia, como a creación de sistemas de alerta ante mala praxe ou discriminación, e a obrigación de garantir unha atención sociosanitaria integral. Ademais, a asistencia persoal e a teleasistencia pasarán a formar parte do Catálogo de servizos de promoción da autonomía, ampliando os recursos dispoñibles para as persoas dependentes.
Outras medidas, como a consideración de factores como a violencia de xénero ou o illamento social para a tramitación urxente da dependencia, buscan mellorar a resposta ante as necesidades das persoas máis vulnerables.
Tamén se introducen cambios significativos no servizo de coidados en vivendas, cun modelo máis comunitario e adaptado ás preferencias dos usuarios. As residencias deberán ser espazos de confianza e benestar, respetando os dereitos e a intimidade das persoas en situación de dependencia, e garantíndolles a opción de participar activamente na súa vida diaria.
O borrador tamén inclúe a creación de mecanismos para apoiar ás persoas coidadoras non profesionais, proporcionando formación, apoios e información accesible para facilitar a súa conciliación laboral e familiar.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.