Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/09/2024 | Actualizada ás 13:23
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este luns a relación definitiva das listas de selección temporal en diversas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde (Sergas).
En concreto, a publicación comprende as categorías de albanel, bibliotecario, calefactor, carpinteiro, condutor, costurero, electricista, enxeñeiro, superior beiomédico, enxeñeiro técnico, fontaneiro, grupo de xestión da función administrativa, grupo técnico da función administrativa, lavandero, mecánico, pasador de ferro, perruqueiro, técnico de grao medio en biblioteconomía e documentación, técnico de grao medio en prevención de riscos laborais, técnico de xestión de sistemas e tecnoloxías da información, técnico especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico superior en ciencias da información, técnico superior en prevención de riscos laborais, técnico superior de sistemas e tecnoloxías da información e telefonista.
No proceso, xeráronse un total de máis de 10.500 inscricións, resultando admitidos case 10.150 aspirantes. A lista entrará en vigor o día 1 de outubro.
Por outra banda, o Sergas tamén publicou a lista definitiva de admitidos e a resolución provisional do concurso de traslados do ano 2024 para as categorías de persoal estatutario sanitario e de xestión e servizos, segundo recolle nun comunicado.
Ademais, tamén publicou o nomeamento de persoal estatutario fixo e a adxudicación de destino definitivo dos aspirantes do proceso de estabilización de persoal de servizos xerais e técnico en coidados auxiliares de enfermaría. A resolución deste proceso suporá a incorporación de 293 profesionais ás institucións sanitarias do Sistema Público de Saúde de Galicia, con condición de fixo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.