Marta Maes Carballo, cirurxiá do Hospital de Verín, premio extraordinario cunha tese sobre humanización da medicina

A súa tese, titulada 'Toma de decisións compartidas como indicador de calidade no Proceso Asistencial Cancro de Mama', ten unha liña de investigación que conta con máis de trinta publicacións en revistas de primeiro nivel, céntrase en mellorar a calidade dos coidados médicos ao fomentar unha maior implicación do paciente no proceso de toma de decisións sobre o seu tratamento, destacando a importancia dunha atención médica máis humana e centrada no paciente.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 02/11/2024 | Actualizada ás 16:21

Comparte esta noticia

A doutora ourensá Marta Maes Carballo, cirurxiá xeral do Hospital Público de Verín e con especial dedicación ao cancro de mama, recibiu o prestixioso Premio Extraordinario de Tese Doutoral na área de Ciencias da Saúde da Universidade de Granada, en colaboración coa Queen Mary University of London.

A súa tese, titulada 'Toma de decisións compartidas como indicador de calidade no Proceso Asistencial Cancro de Mama', ten unha liña de investigación que conta con máis de trinta publicacións en revistas de primeiro nivel, céntrase en mellorar a calidade dos coidados médicos ao fomentar unha maior implicación do paciente no proceso de toma de decisións sobre o seu tratamento, destacando a importancia dunha atención médica máis humana e centrada no paciente.

A tese da doutora Maes investigou como a toma de decisións compartidas pode ser utilizada como indicador de calidade na atención dos pacientes con cancro de mama. Esta toma de decisións compartida Implica que o médico e o paciente traballen xuntos para decidir cal é o tratamento baseado na evidencia que mellor se adapta ás preferencias e valores do paciente. Esta práctica mellora a satisfacción do paciente, favorece a adherencia ao tratamento, é un requirimento ético e supón un estándar para unha atención máis humanizada.

Dentro desta tese, desenvolveu e validou unha ferramenta para valorar a presenza da toma de decisións compartidas nas guías médicas de práctica clínica, que determinou escasa, aínda que tamén atopou que a aparición era máis frecuente nas de maior calidade. Esta ferramenta está a ser usada por múltiples equipos de todo o mundo para o análise da toma de decisións compartidas en guías de diversos ámbitos.

Ademais, a doutora tamén realizou unha enquisa internacional na que se preguntaba aos profesionais sanitarios que trataban pacientes con cancro de mama sobre a toma de decisións compartidas, se a empregaban e o seu futuro. Deste estudo destacou que o coñecemento sobre a toma de decisións compartidas era alto pero que existían barreiras importantes como a falta de tempo e recursos para a súa implementación na sanidade.

Doutora Marta Maes Carballo
Doutora Marta Maes Carballo | Fonte: Marta Maes Carballo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta