Serán en polo menos 48 localizacións do catro provincias galegas e as persoas que dean positivo serán derivadas ao sistema sanitario.
  comenta   0
'Top Doctors' celebrou a XI Edición dos seus premios á excelencia médica nos que deu a coñecer aos 50 mellores médicos do medicina privada en España, valorados ao longo do ano polo propio colectivo médico e especialistas de cada área.
Galicia Confidencial fala co investigador Ignacio Insua López, líder do proxecto REPLICATE para o desenvolvemento de antibióticos que poidan escapar á resistencia bacteriana, que nos dá conta dunha problemática que cada ano se cobra 1,3 millóns de vítimas a nivel mundial.
  comenta   0
Os 'populares' explican que de nada lles serve "elaborar propostas, recomendacións e participar en votacións", se desde o Ministerio "non se actúa para resolver o problema máis urxente que ten a Sanidade española, a falta de profesionais sanitarios".
  comenta   0
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, sinalou que "a vontade da Xunta é solucionar un problema de exceso de alumnos da Facultade de Santiago nun Hospital Clínico que se cadra non esta en condicións de dar a mellor docencia posible"
  comenta   0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu que "ninguén" se debe sentir "agredido" pola proposta nin pensar que isto "vai a minorar a calidade" do grao.
Unha investigación da USC explícao, baseándose nun modelo matemático que proba como o campo magnético despraza o fluído que existe no oído interno.
Galicia Confidencial fala con Edgard Camarós, profesor na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e arqueólogo que traballa directamente con restos humanos, que considera que "cun resto humano empatízase de maneira inmediata e é un fío condutor extraordinario nun museo para entender que detrás de calquera outro resto está o ser humano", polo que "non debemos deixar de pensar que a Historia é tan social como biolóxica".
  comenta   0
A Xunta di que Galicia "está á vangarda de España na detección temperá" de enfermidades raras, con 5.217 casos.
  comenta   0
Así o explicou o conselleiro Antonio Gómez Caamaño, a preguntas dos xornalistas nunha visita ás obras do novo Centro Integrado de Saúde Olimpia Valencia de Vigo
  comenta   0
Ambos recolleron os seus premios o pasado venres no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, lugar elixido para a entrega da primeira edición dos Premios de Investigación en Saúde Transfronteirizos Galicia-Norte de Portugal
  comenta   0
"Esta distinción representa unha gran honra para min, pero tamén supón unha gran responsabilidade formar parte desta prestixiosa Academia, polo que me comprometo a estar á altura da confianza depositada", manifestou a investigadora María Blanco
  comenta   0
As comunidades autónomas deberán crear un rexistro "especialmente protexido" no que aparezan reflectidos os datos dos médicos obxectores ao aborto que interveñan directamente nun proceso de interrupción voluntaria do embarazo.
  comenta   0
Despois de coñecer as concentracións de radón que pode haber en vivendas e en centros de traballo en función da antigüidade dos espazos e dos materiais cos que estean construídos, o GC fala coa investigadora Lucía Martín-Gisbert sobre os riscos deste gas para a saúde.
  comenta   1
O Galicia Confidencial fala co catedrático de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC e director do Laboratorio de Radón de Galicia, Alberto Ruano Raviña, para dar resposta a estas cuestións.
  comenta   0
A pesar de que o convenio de tres das fundacións públicas leva xa dous anos denunciado por caducidade, foi en maio de 2024 cando comezaron as manifestacións nos complexos hospitalarios de Galicia asociados a estas, co fin de esixir unha estabilización, melloras laborais e salariais.
  comenta   0
A Comisión de Seguimento e Avaliación do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero aprobou a moción do PP pola que insta o Goberno a implantar Unidades de Valoración Forense Integral (UVFI) en violencia machista en todas as provincias con persoal "suficiente e cualificado", con 18 votos a favor (PP), un en contra (Vox) e 10 abstencións (PSOE e PNV).
  comenta   0
A súa tese, titulada 'Toma de decisións compartidas como indicador de calidade no Proceso Asistencial Cancro de Mama', ten unha liña de investigación que conta con máis de trinta publicacións en revistas de primeiro nivel, céntrase en mellorar a calidade dos coidados médicos ao fomentar unha maior implicación do paciente no proceso de toma de decisións sobre o seu tratamento, destacando a importancia dunha atención médica máis humana e centrada no paciente.
  comenta   0
En palabras do portavoz da CIG neste conflito, Miguel Tizón, os traballadores destas catro entidades sentense "esquecidos" e "ignorados" por parte da Xunta tras un ano pedindo que se inicie o diálogo para ter ese convenio único.
O grupo de Inmunidade e Pequenas Moléculas do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da USC, en colaboración con King's College London (Reino Unido) e Technische Universitat Dresden (Alemaña), conseguiu abrir unha nova vía de estudo sobre a aparición da diabetes tipo 1, que pode derivar no descubrimento de novos fármacos para esta doenza.
Unha investigación realizada polo catedrático de Medicina Legal e Forense da Universidade de Granada José Antonio Lorente conclúe que Colón era xudeu sefardí. Agora ben, de onde? A cousa queda no aire.
  comenta   0
Recentemente as tres fundacións de investigación sanitaria foron integradas no sistema público, de modo que o seu persoal adquiriu a mesma condición de persoal laboral público dependente do Sergas que o da Fundación de Medicina Xenómica.
  comenta   0
O presidente da Sociedade Española de Médicos de Atención Primaria (SEMERGEN), o doutor José Polo, considera que "durante o período de formación, a día de hoxe, non se insiste o suficiente na medicina rural, sempre se lles prepara moito para a medicina hospitalaria, pero non para a atención primaria no rural".
  comenta   0
O Sergas xa atende no distrito de Valdeorras a pacientes de municipios pertencentes á comarca do Bierzo e, en Verín, pacientes de Alta Sanabria.
Cardiólogos, representantes da Sociedade Española de Cardioloxía (SEC), a Fundación Española do Corazón (FEC) e eurodeputados españois solicitaron este venres a creación dunha Estratexia Europea de Saúde Cardiovascular que dea prioridade á prevención das enfermidades cardiovasculares, antes que ao seu tratamento.
  comenta   0
No Día Mundial desta enfermidade, primeira causa da demencia, que afecta a unhas 70.500 persoas en Galicia, coñecemos este testemuño. Ramón Neira coida da súa muller diagnosticada fai 12 anos.
  comenta   0
Buscaranse indicios da posibilidade de padecer cancro de mama e ovario hereditario, síndrome de Lynch ou hipercolesterolemia. Todo para poder adiantarse ao diagnóstico e ofrecer un tratamento especializado ao paciente.
  comenta   0