Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/08/2024 | Actualizada ás 17:19
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este martes as listas de contratación definitivas e a puntuación das persoas admitidas nun total de nove categorías do Servizo Galego de Saúde (Sergas), entre elas as de fisioterapeuta, psicólogos clínicos, logopedas e dietista-nutricionistas.
En total, dos 5.736 inscritos a este proceso resultaron admitidos 5.598 aspirantes. O grupo máis numeroso é o de fisioterapeutas, con 1.755 anotados, seguida de traballadores sociais, con 1.330.
Ademais, hai 854 inscritos na lista de farmacéuticos de Atención Primaria, 486 terapeutas ocupacionais, 405 odontólogos de Primaria, 289 logopedas, 277 dietista-nutricionistas, 181 facultativos de psicoloxía clínica e 21 especialistas en medicamento do traballo.
As listas, que entrarán en vigor a efectos de chamamentos este mércores, están publicadas e a disposición dos interesados no apartado 'Emprego Público-Listaxes de persoal estatutario' da web do Sergas. Cada aspirante pode consultar no expediente 'Fides' o estado da súa solicitude.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.