Os prezos seguen disparados en Galicia: crece a alimentación, a as medicinas, o transporte, o ensino e a vivenda

Galicia pecha o 2024 cun 2,7% de déficit.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/01/2025 | Actualizada ás 10:36

Comparte esta noticia

O Índice de Prezos de Consumo (IPC) en Galicia subiu un 0,4% en decembro en relación ao mes anterior, quedando a súa taxa interanual no 2,7%, segundo os datos definitivos publicados este mércores polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Así, esta cifra supón unha décima menos que a media estatal, xa que no total de España o IPC pechou 2024 no 2,8% polo encarecemento das gasolinas e os paquetes turísticos.

En Galicia, o ano pasado os alimentos e as bebidas non alcohólicas encarecéronse un 1,4%, mentres que as bebidas alcohólicas e o tabaco subiron un 4,6%. O prezo do vestido e do calzado elevouse un 0,5% en 2024 en Galicia, mentres que a vivenda disparouse un 7,2%, así como o enxoval, que subiu un 1,2%.

A medicina (+2,3%), os transportes (+1,1%), as comunicacións (+0,1%), o lecer e a cultura (+3%) e o ensino (2,7%) tamén viron elevar os seus prezos o exercicio pasado. Pola súa banda, os hoteis, cafés e restaurantes subiron de media un 4,3% na Comunidade.

DATOS ESTATAIS

A nivel estatal, o IPC subiu un 0,5% en decembro en comparación con novembro e elevou catro décimas a súa taxa interanual, ata o 2,8%, sempre segundo os datos do INE, recollidos por Europa Press. O dato de peche de ano, o 2,8%, coincide co avanzado por Estatística a finais do mes pasado, pero o mensual (0,5%) é unha décima superior ao estimado inicialmente (0,4%).

Pola súa banda, a inflación subxacente (sen alimentos non elaborados nin produtos enerxéticos) subiu dúas décimas en decembro, ata o 2,6%, situándose dúas décimas por baixo do índice xeral. Esta cifra do 2,6% coincide coa avanzada polo INE a finais do ano pasado.

Un home inxecta carburante ao seu coche
Un home inxecta carburante ao seu coche | Fonte: Cézaro De Luca

O organismo explicou que o repunte do IPC anual ata o 2,8% débese ao encarecemento dos carburantes e, en menor medida, aos prezos de lecer e cultura, que en decembro aumentaron máis que no mesmo mes do ano anterior a causa do maior custo dos paquetes turísticos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta