"A día de hoxe ademais de estar a perder máis do 14 % de poder adquisitivo e de deixar claro á empresa que renunciabamos a recuperar os salarios perdidos, o que supón un aforro de máis de 3,5 millóns de euros para Vitrasa polos anos 2021 a 2023, néganse a pechar un acordo por unha cantidade tan ínfima como 135.000 euros despois de recibir millóns (estes 135.000 sería o que lle suporía á empresa o 0,9 % que solicitou o comité, segundo os seus cálculos)", sentenciaron dende o comité de empresa.
Os sindicatos CIG e UGT denunciaron que a patronal "non deixou outro remedio" que saír á rúa para reclamar un novo convenio e mellorar a situación dun sector feminizado e moi precarizado.
  comenta   0
O profesor titular de Dereito Administrativo da Universidade da Coruña (UDC) Carlos Aymerich, coautor do estudo dos custes dun hipotético rescate da AP-9 encargado polo BNG, denuncia que nesas tarifas "quizáis teña algo que ver a dedicación profesional dos mesmos políticos que as fixan cando deixan a política activa".
  comenta   2
Reclama un incremento do 5 % para 2025, ademais de "unha cláusula de garantía salarial ligada ao IPC e blindada por lei", que debe ir ligada a acordos salariais anuais e plurianuais para evitar a conxelación salarial.
  comenta   0
Os traballadores pobres son un colectivo cada vez máis numeroso. As orixes deste grupo social concéntranse arredor de políticas económicas e laborais. E aínda coas subas do SMI non se resolveu o problema destas persoas, pois moitas delas están en sectores onde a precariedade é a norma
  comenta   1
Pontón tacha as contas de "insolidarias" e "unha farsa". Besteiro ve "tristes" os orzamentos da Xunta: "Son probablemente os que quere Rueda, pero non os que Galicia necesita".
  comenta   0
Os alimentos e bebidas non alcohólicas presentan unha alza anual do 1,6% nos seus prezos na comunidade galega, e as bebidas alcohólicas e o tabaco, do 3,2%
  comenta   0
A senadora do BNG Carme da Silva cualifica de "insustentable" a situación por levar "dous anos e oito meses coa negociación dun convenio coa transcendencia económica e social que ten o convenio de Navantia".
  comenta   0
O novo réxime económico, aplicable desde o 1 de xuño, eleva as súas retribucións tras varios anos conxeladas e un incremento menor en 2023.
  comenta   1
O prezo do chocolate en España acumula entre xaneiro e xullo deste ano unha subida superior ao 10% como consecuencia da crise que arrastra o cacao desde hai meses.
  comenta   0
Galicia pecha o mes cunha taxa interanual do 3,1%, superando a media nacional, coa vivenda e os combustibles entre os sectores máis afectados.
  comenta   0
"Os membros da mesa negociadora, composta polos sindicatos CSIF, CIG, UGT e CC.OO., non ven unha posible saída ás propostas da empresa, que se atopan en universos distintos e non recolle as demandas e necesidades do persoal, nunha empresa con beneficios millonarios", criticou CSIF.
  comenta   0
Piden á empresa Albada que "adopte medidas en materia de seguridade e saúde laboral", así como "garantías" para o cobro íntegro da paga de produtividade.
UGT FICA denuncia que co incremento que van percibir dous dos directivos de FerroAtlántica, "podería cubrirse o custo do incremento de todas as persoas traballadoras do grupo".
  comenta   0
A CIG trasladou a súa esperanza de que a mediación de AGA, prevista para o vindeiro luns, permita avanzar na negociación porque, pola contra, prevese "un outono quente".
  comenta   0
Entre abril de 2023 e o mesmo mes de 2024, o que máis subiu de prezo é o aceite de oliva (+68,1%), que acumula un repunte do 204,8% desde xaneiro de 2021, o que significa que o seu custo se triplicou no últimos tres anos.
  comenta   0
En concreto, Transi Fernández, da CIG, indicou que os sindicados solicitan unha subida do 3,5 % para 2023 e do 4 % para 2024 e 2025, con revisión salarial por se os prezos volven dispararse como en anos anteriores. A patronal ofrece un 3,1 % para 2023 e un 3 % para os outros dous anos.
O salario mínimo interprofesional na actualidade é de 1.134 euros ao mes (37,8 euros ao día). Incrementouse nun 63,9 % dende o ano 1998, pero aínda está 20,8 puntos por debaixo do que se encareceu a vida neste 25 anos, pois o IPC elevouse un 84,7 % dende 1998.
  comenta   1
O 35% da poboación ourensá cobra por baixo do SMI e as pensións continúan a ser as máis baixas do Estado, con 888 euros de media.
  comenta   0
Ángeles Vázquez insiste en que a administración autonómica non declarará de oficio zonas tensionadas, pero "non vai ir en contra da lei". Dende o Colexio de Administradores de Fincas de Galicia, sobre a problemática para acceder a unha vivenda, apostan por dar "facilidades e seguridade xurídica aos propietarios" para que poñan as súas vivendas no mercado. "As administracións non crean vivenda pública e preténdese que sexan os pequenos propietarios, os maioritarios, os que solucionen o problema", critican.
  comenta   0
Galicia continúa en febreiro coa segunda maior inflación do Estado, un 3,2%. Hai unha pequena contención de prezos debido ao descenso da electricidade.
  comenta   0