As ITV galegas permanecerán pechadas todos os sábados de agosto en sinal de protesta tras un ano de negociación do convenio

"Os membros da mesa negociadora, composta polos sindicatos CSIF, CIG, UGT e CC.OO., non ven unha posible saída ás propostas da empresa, que se atopan en universos distintos e non recolle as demandas e necesidades do persoal, nunha empresa con beneficios millonarios", criticou CSIF.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/08/2024 | Actualizada ás 12:25

Comparte esta noticia

Traballadores das ITV galegas convocaron catro xornadas de folga, que levarán a cabo todos os sábados do mes de agosto, tras levar case un ano de negociacións para aprobar un novo convenio colectivo. Nun comunicado, a organización sindical CSIF anunciou que empregados das estacións de ITV de Galicia, xestionadas polo grupo Applus, decidiron programar paros "en protesta polo desacordo nas negociacións do seu convenio de empresa".

"Os membros da mesa negociadora, composta polos sindicatos CSIF, CIG, UGT e CC.OO., non ven unha posible saída ás propostas da empresa, que se atopan en universos distintos e non recolle as demandas e necesidades do persoal, nunha empresa con beneficios millonarios", criticou o sindicato.

A "fartura" da parte social incrementouse "mes tras mes", ao non poder ver "ningunha proposta que colme as súas inquedanzas", polo que acusaron á empresa de "retorcer as súas propostas sen achegar nada novo" e "manter a perda de poder adquisitivo dunhas subidas por baixo do IPC soportado". Por todo iso, representantes sindicais e traballadores concentráronse o pasado 30 de xullo ante o Parlamento de Galicia para reivindicar un incremento salarial e unha redución da súa xornada de seis días.

"Tras a inacción da empresa, os delegados e delegadas de persoal e os comités de empresa de Coruña, Pontevedra, Ourense e Lugo convocaron catro xornadas de folga para este mes de agosto, os días 10, 17, 24 e 31 en todas estacións ITV de SyC, filial de Applus e dona da concesión administrativa para a explotación en Galicia de estacións ITV", sentenciou CSIF.

Empregados da ITV galegas convocan folga todos os sábados de agosto tras case un ano de negociación do convenio
Empregados da ITV galegas convocan folga todos os sábados de agosto tras case un ano de negociación do convenio | Fonte: CSIF

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta