"Non de todos, pero si de puntos importantes, como o tema das promocións, a clasificación profesional ou as xornadas en Reparacións", detallou o secretario do comité de empresa de Navantia Ferrol, Marcelo Amado (CIG), que advertiu tamén de que "quedan moitos temas aínda por tratar", entre os que citou a redución horaria, "recuperar" o poder adquisitivo e a industria auxiliar, entre outros.
  comenta   0
"A día de hoxe ademais de estar a perder máis do 14 % de poder adquisitivo e de deixar claro á empresa que renunciabamos a recuperar os salarios perdidos, o que supón un aforro de máis de 3,5 millóns de euros para Vitrasa polos anos 2021 a 2023, néganse a pechar un acordo por unha cantidade tan ínfima como 135.000 euros despois de recibir millóns (estes 135.000 sería o que lle suporía á empresa o 0,9 % que solicitou o comité, segundo os seus cálculos)", sentenciaron dende o comité de empresa.
"Hoxe miles de empregadas e empregados públicos saímos á rúa en toda España para esixir que se negocie e se melloren as condicións laborais que temos e en defensa do modelo sanitario de Muface, que está en serio risco pola cicatería do Goberno e corre tamén o risco de sucumbir por inanición", declarou á prensa o presidente da Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), Miguel Borra.
  comenta   0
A través dunha iniciativa parlamentaria no Congreso, o deputado do BNG, Néstor Rego, incidiu na necesidade de garantir o poder adquisitivo do persoal ao servizo da Axencia, e ao mesmo tempo destacou a necesidade de modificar o orzamento que permita financiar a carreira administrativa das traballadoras e traballadores.
  comenta   0
CIG-Servizos denuncia que os empregados do sector acumulan unha perda de poder adquisitivo do 7,8 % desde a firma do anterior convenio (2020-23) por parte de CC.OO. e UGT.
  comenta   0
Reclama un incremento do 5 % para 2025, ademais de "unha cláusula de garantía salarial ligada ao IPC e blindada por lei", que debe ir ligada a acordos salariais anuais e plurianuais para evitar a conxelación salarial.
  comenta   0
Os prezos dinámicos e as entradas dos concertos incrementaronse case un 40% desde a pandemia. En 2023 o 36% dos consumidores deixou de asistir a eventos musicais polo alto custo do prezo das entradas. Agora, os concertos son "experiencias inmersivas" para captar público que pague máis.
  comenta   0
A senadora do BNG Carme da Silva cualifica de "insustentable" a situación por levar "dous anos e oito meses coa negociación dun convenio coa transcendencia económica e social que ten o convenio de Navantia".
  comenta   0
"Os membros da mesa negociadora, composta polos sindicatos CSIF, CIG, UGT e CC.OO., non ven unha posible saída ás propostas da empresa, que se atopan en universos distintos e non recolle as demandas e necesidades do persoal, nunha empresa con beneficios millonarios", criticou CSIF.
  comenta   0
UGT FICA denuncia que co incremento que van percibir dous dos directivos de FerroAtlántica, "podería cubrirse o custo do incremento de todas as persoas traballadoras do grupo".
  comenta   0
En concreto, Transi Fernández, da CIG, indicou que os sindicados solicitan unha subida do 3,5 % para 2023 e do 4 % para 2024 e 2025, con revisión salarial por se os prezos volven dispararse como en anos anteriores. A patronal ofrece un 3,1 % para 2023 e un 3 % para os outros dous anos.
O salario mínimo interprofesional na actualidade é de 1.134 euros ao mes (37,8 euros ao día). Incrementouse nun 63,9 % dende o ano 1998, pero aínda está 20,8 puntos por debaixo do que se encareceu a vida neste 25 anos, pois o IPC elevouse un 84,7 % dende 1998.
  comenta   1
O sindicato afea á CIG a firma "en solitario" coa patronal dun acordo con "clara discriminación de xénero" e estuda a súa impugnación.
Os sindicatos piden incrementos salariais "acordes cos beneficios do sector e medidas de calado que melloren un clima laboral cada vez máis insustentable". O 22 de marzo producirase unha folga de 24 horas no sector, coincidindo coas xuntas de accionistas de CaixaBank e Banco Santander.
  comenta   0
Como xa sucedera coa guerra de Ucraína, ante graves crisis financieiras, a poboación colle medo de que os cartos perdan o seu valor e, para tratar de evitalo, o mundo das criptos é unha boa alternativa.
  comenta   0
Representantes de CIG-Banca secundaron este venres unha xornada de mobilizacións na Coruña, ante distintas sucursais de BBVA e Abanca, para reclamar a "recuperación" do poder adquisitivo do persoal de entidades financeiras na negociación dos convenios colectivos.
Segundo un informe do despacho de avogados Observatorio Zeres (Vigo), os salarios das zonas fronteirizas con Portugal son uns 16 % inferiores á media estatal (25.896 euros). O despacho contrastou estes datos cos das áreas lindantes con Francia, onde o salario é máis alto que o en resto do país.
  comenta   0
A CIG-Servizos protagonizou unha concentración este martes diante do Hotel Rías Baixas de Pontevedra para denunciar o bloqueo das negociacións do convenio provincial de Hostalaría.
  comenta   0
Os representantes dos traballadores na mesa negociadora do convenio denunciaron, despois de 40 reunións, que as pretensións da empresa "buscan empeorar as condicións socioeconómicas" do persoal, e iso a pesar de que a planta de Vigo atravesa uns "momentos de bonanza" e de "gran carga de traballo", o que levou á empresa a abrir unha nova planta no Porriño.
O persoal da concesionaria do servizo de recollida de lixo e limpeza viaria de Vilalba leva desde o pasado mes de abril tentando negociar un novo convenio colectivo. A súa principal demanda, explica a central sindical, é "poder recuperar o poder adquisitivo perdido e garantir salarios dignos para todo o persoal, porque están a ingresar agora 300 euros líquidos menos ao ano que en 2011".
O representante da CIG-Servizos, Xosé Paz, sinalou que "en ningún sitio dise que, en plena folga indefinida, os servizos mínimos nunha feira teñen que ser do 120 % ou que nunha festa, como a prevista para este fin de semana, teñan que ser mesmo superiores que os dun fin de semana normal".
O que solicitan os traballadores é unha suba salarial do 11 % nos tres anos de duración do novo convenio, ademais dunha contía de algo máis de mil euros repartida en dúas pagas para compensar as perdas de poder adquisitivo de 2021 e 2022.
  comenta   0
Ourense, terceira cidade a nivel nacional onde resulta máis barato consumir 175 metros cúbicos de auga ao ano, o consumo medio dunha familia de catro membros.
  comenta   2