Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 04/11/2024 | Actualizada ás 14:40
O persoal de residencias de maiores privadas comeza este martes, 5 de novembro, cunha protesta en Pontevedra un calendario de mobilizacións ata final de ano por un convenio digno. A CIG-Servizos convoca protestas nas sete cidades para reclamar mellora nas condicións laborais, ante o que consideran unha proposta "insuficiente" por parte da patronal.
Denuncia que os empregados do sector acumulan unha perda de poder adquisitivo do 7,8 % desde a firma do anterior convenio (2020-23) por parte de CC.OO. e UGT. A isto hai que sumarlle o feito de que a subida do SMI aplicada polo Goberno central neste período foi do 24,4 %, "o que provocou que as categorías máis baixas do convenio non cheguen ao SMI e gran parte delas estean só 10 euros por arriba en 2024."
"Os salarios estanse empobrecendo dunha maneira brutal, mentres os beneficios das sete principais empresas do sector ascenderon a 1.664 millóns de euros anuais", denuncia a CIG. A protesta deste martes en Pontevedra será ante a residencia DomusVi, na rúa Loureiro Crespo, ás 11.30 horas. O calendario seguirá con: Lugo (13 de novembro), Ferrol (20 de novembro), Santiago (27 de novembro), A Coruña (4 de decembro), Vigo (11 de decembro) e Ourense (18 de decembro).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.