CC.OO., CIG e SNEP convocan catro días de folga polo bloqueo no convenio de centros de educación infantil

O 19 de outubro haberá senllas manifestacións, en Vigo e A Coruña.

Por E.P. | Compostela | 13/10/2023 | Actualizada ás 14:57

Comparte esta noticia

Os sindicatos CC.OO., CIG e SNEP comunicaron a convocatoria de catro días de folga polo bloqueo na negociación do convenio de centros de asistencia e educación infantil, e acusaron á patronal de "inmobilismo".

As xornadas de paro terán lugar os días 19 e 25 de outubro, e 8 e 15 de novembro, "en defensa dos dereitos laborais, sociais e salariais das traballadoras de escolas infantís privadas e de xestión indirecta".

Os sindicatos trasladaron o seu "malestar" pola marcha das negociacións, iniciadas fai máis dun ano, e lamentaron que as organizacións patronais "non souberon estar á altura das necesidades do sector".

Por outra banda, denunciaron o "incumprimento do compromiso alcanzado en xuño e a ruptura da unidade sindical", debido ao "entreguismo" de UGT, USO e FSIE, que "deixan tiradas aos traballadores dun dos sectores máis precarizados" en Galicia.

Respecto diso, lembraron que estas traballadoras "apenas cobran o Salario Mínimo Interprofesional", e criticaron que eses sindicatos "non ven unha convocatoria de folga de tantos días e neste momento".

Segundo sinalaron os convocantes da folga, tras dez reunións, as patronais "non mostraron vontade de chegar a ningún acordo que permita ás traballadoras recuperar o poder adquisitivo perdido e obter uns salarios dignos e xustos, acordes coa responsabilidade do seu labor educativo e social cos menores (de 0 a tres anos)".

Un neno asómase ás portas do CEIP Manuel Mallo de Nadela, durante o primeiro día do curso escolar 2021-2022 en Educación Infantil e Primaria
Un neno asómase ás portas do CEIP Manuel Mallo de Nadela, durante o primeiro día do curso escolar 2021-2022 en Educación Infantil e Primaria | Fonte: Carlos Castro - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta