Galicia sufre o aumento do IPC: Abel Losada esixe unha "resposta urxente" á Xunta

O socialista denuncia que "este desaxuste suxire un problema estrutural na economía galega.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 16/08/2024 | Actualizada ás 13:59

Comparte esta noticia

O responsable de Economía da Executiva do PSdeG, Abel Losada, expresou este venres a súa preocupación ante os últimos datos do Índice de Prezos ao Consumo (IPC) correspondentes ao mes de xullo, "que sitúan a Galicia cun aumento do 3,1%, superando por cuarto mes consecutivo a media española, que quedou nun 2,8 por cento".

"Desta forma, Galicia convértese no mes de xullo na comunidade autónoma co IPC máis alto", sinala Losada que esixe ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, unha "resposta urxente". "Resulta especialmente difícil de entender, e moi grave en termos económicos, que Galicia estea a experimentar un incremento de prezos superior ao do conxunto de España cando a nosa demanda non está a crecer ao mesmo ritmo", recalca.

O socialista denuncia que "este desaxuste suxire un problema estrutural na economía galega que o Goberno autonómico, baixo a dirección do señor Rueda, nin identificou nin está interesado en resolver".

E é que para Abel Losada "a Xunta de Galicia móstrase inactiva e ausente, limitándose a servir os intereses do Partido Popular a nivel estatal, mentres Galicia sofre as consecuencias desta falta de atención".

O responsable de Economía da Executiva do PSdeG, Abel Losada. PSDEG
O responsable de Economía da Executiva do PSdeG, Abel Losada. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta