Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/02/2025 | Actualizada ás 19:11
Ángel Fernández Ferreiro, do grupo FarmaCHUSLab do IDIS recibiu o primeiro premio na modalidade 'Traxectorias Emerxentes' de investigación en Saúde, cuxo segundo galardón foi para Alana Aragón Herrera, do grupo Cardiología Celular e Molecular do IDIS.
Ambos recolleron os seus premios o pasado venres no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, lugar elixido para a entrega desta primeira edición dos Premios de Investigación en Saúde Transfronteirizos Galicia-Norte de Portugal convocados polo Sergas e a Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS) e destinados a visibilizar a valiosa colaboración sanitaria entre a comunidade galega e o país luso.
Ángel Fernández, coordinador da Unidade de Investigación e Innovación do Servizo de Farmacia da área Sanitaria de Santiago e Barbanza, recibiu o primeiro premio en Traxectorias Emerxentes de investigación en Saúde polas súas achegas innovadoras no ámbito farmacéutico.
"Este premio non é só un recoñecemento persoal, se non o reflexo do traballo en equipo, do esforzo conxunto e da dedicación de tantas persoas coas que tiven o privilexio de colaborar", asegurou o premiado, quen agradeceu especialmente aos seus "compañeiros de FarmaCHUSLab e da Unidade de Investigación e Innovación do Servizo de Farmacia, que foron unha fonte constante de inspiración e aprendizaxe. O seu apoio foi fundamental en cada paso do camiño".
Pola súa banda, Alana Aragón Herrera, investigadora postdoctoral Sara Borrell do grupo de Cardioloxía Celular e Molecular do IDIS, foi a gañadora do segundo premio na mesma categoría polas súas investigacións sobre as enfermidades cardiovasculares e metabólicas.
Desde a súa incorporación ao IDIS a finais de 2016, Alana Aragón Herrera publicou 22 artigos científicos e participou en diversos proxectos de investigación entre os que destacan varios financiados por Bayer, Boehringer-Ingelheim, polo Instituto de Saúde Carlos III e pola Sociedade Española de Cardiología.
"Este galardón supón unha motivación e un gran estímulo para continuar desempeñando o meu labor científico investigando novas estratexias terapéuticas no contexto das enfermidades cardiovasculares, principalmente a insuficiencia cardíaca con fracción de eyección preservada, para a cal aínda non existe un tratamento eficaz", asegurou a premiada.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.