Investigadores sanitarios de Galicia ameazan cunha folga en xaneiro se a Xunta non negocia un convenio único

A pesar de que o convenio de tres das fundacións públicas leva xa dous anos denunciado por caducidade, foi en maio de 2024 cando comezaron as manifestacións nos complexos hospitalarios de Galicia asociados a estas, co fin de esixir unha estabilización, melloras laborais e salariais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/12/2024 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

Os comités das catro fundacións públicas de investigación sanitaria de Galicia insistiron este martes na "necesidade dun convenio único" para todas elas. Para ese efecto, anunciaron mobilizacións nos distintos hospitais galegos para os próximos 11 e 18 de decembro ante a falta de resposta "por todas as partes" e expuxeron a posibilidade de convocar unha folga para xaneiro de 2025 se nada cambia.

A pesar de que o convenio de tres das fundacións públicas (Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación de Investigación Biomédica Galicia Sur e Fundación de Investigación Biomédica da Coruña) leva xa dous anos denunciado por caducidade, foi en maio de 2024 cando comezaron as manifestacións nos complexos hospitalarios de Galicia asociados a estas, co fin de esixir unha estabilización, melloras laborais e salariais.

Así mesmo, realizaron en outubro unha mobilización conxunta fronte á Consellería de Sanidade onde entregaron un escrito, pero non obtiveron resposta. É por iso que, tal e como explicaron este martes nunha rolda de prensa, piden "resposta xa, que se lles convoque a mesa de negociación e saber quen se vai a sentar con eles a negociar". Doutra banda, os comités das fundacións emitiron un comunicado aos padroados, pero tampouco obtiveron contestación. Así, ante esta situación de "malestar", cren que "non se ten en conta o seu traballo" e que "hai medo a sentar a falar e ver onde podería iso levar".

23 ANOS SEN CONVENIO EN MEDICINA XENÓMICA

A presidenta do comité da Fundación de Medicina Xemónica, Eva Esteban, lembrou que esta vive unha situación especial. A fundación realizou a súa actividade durante 23 anos sen convenio, pois foi en 2021 cando decidiron adherirse ao do 061, que xa se asinou en 2005, polo que "as condicións estaban obsoletas". É por iso que Eva Esteban finalizou a súa intervención explicando que se uniron ás outras tres fundacións, "para ter un maior apoio todas xuntas".

Protesta de CIG, CSIF, CCOO e UGT ante a Consellería de Sanidade, en Santiago, para reclamar un convenio único para o catro fundacións públicas de investigación galegas
Protesta de CIG, CSIF, CCOO e UGT ante a Consellería de Sanidade, en Santiago, para reclamar un convenio único para o catro fundacións públicas de investigación galegas | Fonte: CIG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta