Describen un novo mecanismo esencial na aparición da diabetes tipo 1

O grupo de Inmunidade e Pequenas Moléculas do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da USC, en colaboración con King's College London (Reino Unido) e Technische Universitat Dresden (Alemaña), conseguiu abrir unha nova vía de estudo sobre a aparición da diabetes tipo 1, que pode derivar no descubrimento de novos fármacos para esta doenza.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/10/2024 | Actualizada ás 17:41

Comparte esta noticia