O grupo de Inmunidade e Pequenas Moléculas do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da USC, en colaboración con King's College London (Reino Unido) e Technische Universitat Dresden (Alemaña), conseguiu abrir unha nova vía de estudo sobre a aparición da diabetes tipo 1, que pode derivar no descubrimento de novos fármacos para esta doenza.
O investigador do CiMUS Jesús Requena charla co Galicia Confidencial sobre os prións e o seu risco para seres humanos e animais. Non foi ata 1982 cando se 'propuxo' a existencia dos prións, probada nos seguintes 20 anos. Da enfermidade de Creutzfeldt-Jakob ás vacas tolas, pasando pola actual 'enfermidade do cervo zombie' ou a tembladeira das ovellas.
  comenta   0
A investigadora do CiMUS Ana Isabel Rodríguez Pérez explica que están tratando de identificar biomarcadores no sangue para poder detectar o párkinson antes do que se fai agora: cando o 50 % das neuronas ou, nalgúns casos, ata o 80 %, xa están mortas.
  comenta   0
O traballo identifica un axente terapéutico que elimina de forma selectiva as células cancerosas. O cancro de tiroides máis agresivo ofrece actualmente moi poucas opcións de tratamento efectivas, cunha taxa de supervivencia de cinco anos de apenas o 5 %.
A ansiada consolidación, a conciliación, o futuro da investigación, a divulgación... Foron nove as mulleres científicas que abordaron esta cuestión durante estes dous meses.
  comenta   0
Estas prazas supoñen unha solución "urxente" e paralela ás obras do Centro de Protonterapia e da ampliación do complexo hospitalario.
  comenta   0
Son mulleres, son innovadoras, son emprendededoras e son, sobre todo, e ante todo, científicas. No Galicia Confidencial comezamos unha serie de reportaxes a mulleres científicas da Universidade de Santiago que levan a cabo estudos pioneiros.
  comenta   0
As bacterias multirresistentes causan 1,27 millóns de mortes ao ano e a Organización Mundial da Saúde estima que, en 2050, serán a principal causa de mortalidade no mundo, cobrándose máis de 10 millóns de vidas anuais.
  comenta   0
O catedrático Ángel Carracedo coordina o consorcio 'Scourge', que participou na plataforma 'Host Genetic Initiativa'. O traballo revela que o consumo de tabaco e o número de cigarros fumados ao día, así como un correcto funcionamento do ril, están asociados á gravidade e aos fenotipos de susceptibilidade.
  comenta   0
Un estudo realizado polos grupos do CiMUS da USC 'Gliatime' e 'NeurObesity', dirixidos por Olga Barca e Miguel López, respectivamente, descubriu que o mantemento do equilibrio enerxético é diferente en ratos macho e femia e que son os astrocitos, un tipo de células cerebrais, os responsables destas diferenzas.
  comenta   0
Investigadores do CiMUS atoparon que un dos subprodutos da metionina hepática "actúa como sensor metabólico da nutrición, freando a queima de graxas no fígado e protexéndoo".
  comenta   0
Pódese combinar na mesma proba diagnóstico e tratamento para esta enfermidade. A innovación desta nova técnica é que o tratamento se pode realizar de forma individualizada para cada paciente.
  comenta   0
Hai purificadores de aire mediante uso de radiación ultravioleta, test de antíxenos máis rápidos e eficientes que os actuais ou novos métodos que complementen a PCR.
  comenta   0
Científicos galegos poñen a proba, con éxito, arpas eléctricas para protexer as colmeas de abellas dos ataques da avespa asiática. Investigadores portugueses apuntan a varias especies de aves para reducir as poboacións de velutina.
  comenta   0
Crean unha nova molécula que ataca o metabolismo enerxético que é necesario para a progresión do tumor.
  comenta   0
Persoal investigador constatou que o bloqueo da proteína CPT1A evita a activación das células estelares do fígado de pacientes con esta patoloxía.
  comenta   0
Investigadores do CiMUS conseguiron baixar o peso de ratos cun novidoso tratamento sen cambiar a súa dieta. O achado baséase nunhas partículas que viaxan ao cerebro cargadas dun fármaco e inhiben a acción dunha proteína chave.
  comenta   0
Trátase dun traballo do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da Universidade de Santiago e do Instituto de Investigación Sanitaria compostelán.
  comenta   0
Os investigadores deseñaron un novo modelo probabilístico novidoso na literatura científica epidémica que permite calcular con precisión a seroprevalencia da covid-19 en España durante as distintas ondas.
  comenta   0
Científicos galegos achegan novas evidencias de que estas proteínas 'rebeldes' que xera o noso organismo estarían detrás de moitos casos críticos. A súa investigación súmase a unha avalancha de novos estudos nesta mesma liña. Os expertos están preocupados, xa que estes autoanticorpos, que atacan órganos e tecidos, terían o potencial de durar toda a vida.
  comenta   0
Unha investigación da que forman parte cienfíficos da USC conclué que a secuenciación xenómica da Covid-19 permite a contención do virus e, polo tanto, a construción de políticas alternativas ás restricións de mobilidade.
  comenta   0
Non necesita frío para a súa conservación. Está en fase de avaliación clínica e agora será testada en animais
  comenta   0
Dous equipos da Universidade de Santiago contarán co apoio do Departamento de Saúde da Generalitat de Catalunya e do Instituto de Saúde Carlos III de Madrid para desenvolver unha solución para a Covid-19.
  comenta   1
Investigadores da USC descobren un novo mecanismo implicado no desenvolvemento desta enfermidade que afecta a unha de cada catro persoas no mundo e para a que non existen fármacos na actualidade.
  comenta   0
Abre "oportunidades para explorar funcións non estandarizadas" dos reguladores circadianos durante desenvolvemento embrionario e en enfermidades.
  comenta   0