A Universidade de Santiago impulsa un proxecto para un diagnóstico temperán non invasivo de tumores cerebrais

Está financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación con máis de 1,4 millóns de euros entre 2021 e 2024.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 17/11/2021 | Actualizada ás 20:05

Comparte esta noticia

O Ministerio de Ciencia e Innovación financiará con máis de 1,4 millóns de euros entre 2021 e 2024 un proxecto impulsado polo CiMUS da Universidade de Santiago de Compostela (USC), quen coordina, e as empresas galegas Nasasbiotech S.L., Sunrock Biopharma SL e Qubiotech Health Intelligence S.L.. O proxecto desenvolverase coa colaboración tamén das entidades Fundació Privada Institut d'Investigació Oncològica de Vall d'Hebron, a Fundación para la Investigación Biomédica do Hospital Universitario La Paz e a Fundació Hospital Universitari Vall d'Hebron - Institut de Recerca.

Edificio do CiMUS, da Universidade de Santiago de Compostela
Edificio do CiMUS, da Universidade de Santiago de Compostela | Fonte: USC.

Denominado 'DIAGBI' (Early molecular nanoDIAGnostics of Brain tumors using ImmunePET), ten como obxectivo desenvolver unha nova tecnoloxía que permita o diagnóstico temperán e o seguimento non invasivo dos tumores cerebrais máis agresivos e con menor esperanza de vida para os pacientes, como son os glioblastomas.

O proxecto foi seleccionado dentro da convocatoria de proxectos de I+D+i en liñas estratéxicas en colaboración público-privada do ministerio, cuxa finalidade é dar resposta a desafíos que se consideran estratéxicos mediante o financiamento de grandes proxectos nos que participan un amplo número de investigadores con competencias diversas.

O CiMUS da USC participa desde a coordinación do proxecto con dous dos seus grupos: o laboratorio que lidera a profesora María José Alonso, que deseñará e sintetizará nanotransportadores capaces de traspasar a barreira hematoencefálica levando axentes inmuno-PET á tecido diana; e o grupo dirixido por Pablo Aguilar, que desenvolverá novos biomarcadores de imaxe PET a partir do radiomarcaxe dos nanotransportadores e de modelos farmacocinéticos baseados en intelixencia artificial.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta