Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/08/2023 | Actualizada ás 17:10
Unha investigación do CiMUS da Universidade de Santiago de Compostela (USC) descubriu un novo mecanismo que protexe ao fígado do dano inducido por períodos longos de xaxún, un traballo recentemente publicado na revista Cell Metabolism.
O estudo foi dirixido por Marta Varela Rey, do grupo de investigación de Regulación da Expresión Xénica en Enfermidades do CiMUS, en colaboración co grupo de María Luz Martínez, do CICbioGUNE-CIBEREHD do País Vasco.
Segundo apunta a directora do estudo, durante moitos anos demostrouse que as dietas baixas en metionina inducían ao adelgazamento. Con todo, este estudo vai "máis aló", e demostra que é a diminución hepática dun dos subprodutos da metionina (SAME) a que en realidade induce á perda de peso e que unha baixada excesiva ou crónica "danaría o fígado".
Os estudos deste grupo atoparon que o SAME hepático "actúa como sensor metabólico da nutrición, freando a queima de graxas no fígado e protexéndoo". Ademais, demostraron, por primeira vez, que durante os períodos de restrición calórica este SAME debe producirse nuns lugares da célula moi concretos.
O equipo de Marta Varela propón que unha diminución crónica de SAME no fígado podería ser beneficiosa, ao indicarlle ao corpo "a necesidade de queimar graxas". Con todo, tamén se demostra que unha diminución crónica desta sustancia "deixa ao fígado completamente desprotexido".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.