O BNG demandou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación modificar o Real Decreto sobre as normas para a nutrición sustentable nos chans agrarios para que "se adapte á realidade galega"..
  comenta   0
Engaden tamén que vai no sentido "completamente oposto" aos informes emitidos polo do comité científico da Axencia Española Alimentaria e Nutrición.
  comenta   0
A costa galega é unha das contempladas neste estudo, que ten como obxectivo ser unha ferramenta de divulgación científica para o crecemento dun sector emerxente e sustentable como é o cultivo das algas.
  comenta   0
"Unha boa bebida deportiva vai ter un sabor salado que non nos resulta tan agradable como o que pode ter un refresco ou unha bebida enerxética", explica a nutricionista Eva Anca. "Eu traballo con nutrición deportiva e cando é preciso que unha persoa recorra a esa suplementación de bebida de esforzo, dende logo, o último que recomendo é un Powerade ou un refresco".
  comenta   0
O novo programa, coordinado por Juan Pablo Hervés, investigador do CINBIO, ofrece neste primeiro curso un total de 12 prazas, coas que os aspirantes poderán optar a liñas de investigación como as terapias avanzadas, sistemas e sensores para monitorización en medioambiente e saúde; nanomateriales funcionais; prevención de enfermidades, dispositivos e biomarcadores para a detección temperá; alimentación, nutrición e seguridade alimentaria; ou estratexias de sustentabilidade.
Investigadores do CiMUS atoparon que un dos subprodutos da metionina hepática "actúa como sensor metabólico da nutrición, freando a queima de graxas no fígado e protexéndoo".
  comenta   0
A Xunta anuncia que aumentará a un 21% a contía por menú que reciben as empresas de catering para afrontar a suba de prezos pero esixirán máis requisitos.
  comenta   0
Os plans de nutrición, fundamentais para previr enfermidades cardiovasculares. Calculan que o 42% dos españois padece máis dun factor de risco cardiovascular
  comenta   0
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns 9 de xaneiro o decreto, completando así un proceso de elaboración que se iniciou en febreiro deste ano coa exposición pública do proxecto.
  comenta   0
Científicos galegos defenden mudanzas nos nosos hábitos alimentarios para gozar dunha mellor saúde e para reducir a pegada de carbono e hídrica.
  comenta   0
Científicos reivindican a capacidade da dieta atlántica de inducir efectos beneficiosos para a saúde por medio de mecanismos que regulan o funcionamento dos nosos xenes e que poden actuar na prevención de enfermidades.
  comenta   0
Investigadores de Galicia e Italia defenden nun novo estudo que estes équidos “representan alternativas saudables á carne vermella consumida tradicionalmente”. Mentres en Galicia caeu a produción de carne equina nos últimos anos, comunidades como Aragón, Navarra ou Castela e León aumentárona.
  comenta   0
O científico Daniel Franco Ruiz, especialista en calidade nutricional da carne, aborda nesta entrevista cuestións actuais do sector gandeiro e a industria cárnica. Recoñece que non se debe abusar, pero tampouco suprimir totalmente o consumo de carne, aposta por potenciar a produción extensiva, aínda que recoñece a utilidade das explotacións intensivas para subministrar carne a toda a poboación. "Os animais criados en extensivo si é certo que desenvolven o seu comportamento natural, fan máis exercicio, etc., pero non necesariamente hai mellor benestar animal; iso depende", asegura.
  comenta   0
Júlio Diniz substituirá como director da fábrica aDavid Coré, que dirixiu a factoría desde 2013 e que asumirá novos retos na área de Nutrición e Calidade da Compañía.
  comenta   0
Investigadores das universidades de Santiago de Compostela e Londres presentan un novo estudo no que constatan que a dieta tradicional de Galicia é unha das mellores opcións tanto para a saúde humana como medioambiental.
  comenta   0
A investigación tivo lugar por mor de que a Garda Civil observase "diversas irregularidades" en materia de sanidade animal. "Todos os cabalos mostraban signos de mal nutrición, mala hixiene e falta de coidados imprescindibles para a súa existencia", sinalaron os axentes.
  comenta   0
O Centro de Investigación Biomédica en Rede da Fisiopatología da Obesidade e Nutrición pide que "exista vontade política e empresarial e recursos suficientes para lograr conter e adelgazar os números da obesidade".
  comenta   0
Os galegos están cada vez máis alonxados da dieta atlántica e máis apegados ao sal, a carne, os doces e as comidas procesadas e precociñadas. Científicos da Universidade de Santiago advirten dos danos que os novos hábitos alimentarios causan na saúde humana e no medio ambiente, pola súa forte pegada de carbono.
  comenta   2
A doutora Regueiro traballa como endocrina no CHUAC. Logo da reportaxe da semana pasada sobre dietas sen carne ou con pouca proteína animal, preguntámoslle a esta experta se son certos parte dos datos que se incluíron na anterior reportaxe e cales son os déficits alimentarios da xente máis nova. Mais esta especialista insiste en que se debera ter coidado coas graxas trans, aceites industriais e levar unha dieta o menos afectada por estes alimentos.
  comenta   0
O aumento nos índices de sobre peso e obesidade están facendo cambiar o réxime alimenticio dalgunhas persoas. Entre os cambios operados na sociedade están as dietas vexetarianas e veganas. Aínda ben, non só o estilo de vida e alimenticio acutais están detrás da decisión de optar por unha dieta sen carne ou con baixos índices da mesma.
  comenta   0